A obra de Xosé Antón Neira Cruz A noite da raíña Berenguela fíxose co galardón outorgado pola Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil OEPLI- entre as cento vinteoito obras presentadas en catro linguas cooficiais españolas. O premio Lazarillo de Creación está dotado con sete mil seiscentos euros, e Neira Cruz é o quinto escritor galego que recibiu este premio nalgunha das súas modalidades, xa que antes tamén o gañaron Agustín Fernández Paz, Marilar Aleixandre, Gloria Sánchez e Ana María Fernández, alén doutros galegos que recibiron accésits. O certame ten como obxectivo estimular a produción de libros destinados ao público infantil.
Máis información en Galicia Hoxe
Ficha en Lg3 de Xosé A. Neira Cruz







