En vindeiras datas dúas das publicacións periódicas máis importantes do país veciño ofrecerán aos seus lectores información sobre a literatura galega actual. O diario Público, principal cabeceira de Portugal dedicará un informe no seu suplemento cultura Mil Folhas aos novos poetas e narradores de Galicia. O Jornal da Letras, Artes e Ideias tamén prepara informacións sobre as letras e a creación cultural galegas que acheguen máis aos autores galegos cos lectores portugueses.
Máis información en El Progreso







