Nos II Encontros de Escritores Galegos, patrocinados pola Deputación da Coruña, participarán case unha vintena de escritores, entre eles Manuel Forcadela, Xosé María Dobarro, Modesto Fraga, Miguel Anxo Fernán-Vello, Xesús Pisón, Ana Romaní, Carlos Negro ou Euloxio Ruibal. Os Encontros que se celebrarán en Bergondo no pazo de Marinan comezarán o día 19 de novembro coa representación do monólogo 'Liturxia de Tebas', a cargo de Manuel Lourenzo. O día 20 centrarase no teatro e na narrativa, coa participación de diferentes escritores, mentres que o día 21 será a poesía a que centre o debate.







