Silencio polas sereas é o título da novela coa que Emma Pedreira obtivo o XV Premio Camilo José Cela que se fallou onte no Concello de Padrón, converténdose na primeira muller que o gaña. Mentres, Marina Castaño, actual presidente da fundación que leva o nome do nobel, defendíase onte das acusacións efectuadas durante esta fin de semana por familiares do escritor sobre a xestión desta entidade. O Padroado da Fundación lembrou que Castaño conta co pleno apoio da entidade, mentres a presidenta asegurou que esta funciona con transparencia absoluta e apunta as cifras de visitas e as actividades realizadas durante o seu mandato coma avais da súa xestión.
Máis información sobre o premio en Galicia Hoxe; sobre a polémica da fundación en La Voz de Galicia ; en El Correo Gallego e nos arquivos de La Voz de Galicia







