A sala Galán de Santiago acolle hoxe e mañá a estrea do espectáculo Acrobacia acuática, unha performance da compañía lalinense Orfanato Albert Anson de Gramont. O espectáculo no que interveñen a bailarina Olga Cameselle xunto a Ignacio Vilariño e o iluminador Octavio Mas, usa os poemas de Chus Pato do libro m-Talá (Ed. Xerais 2002) como base para a súa idea na que tamén está presentes textos doutros autores como Poe, Rimbaud, Ferrín ou Celan. A trama do espectáculo xira arredor dun obradoiro de costura onde dous modistos fan o traxe que levará o gañador dun certame poético.
Máis información en Galicia Hoxe
e no sitio web do Teatro Galán







