A actualidade móstrase favorábel coa difusión da literatura e os autores galegos. A feira de Francfort foi o escenario do acordo de venda da editorial Alfaguara dos dereitos do libro de Manuel Rivas, As chamadas perdidas a unha editorial dos EE.UU. para a súa tradución e comercialización nese país. No outro antigo grande bloque mundial, Rusia, o escritor Alfredo Conde xa vai pola cuarta edición da súa novela Romasanta, publicada antes alí en ruso que aquí en galego. Conde acada desde hai tempo un amplo recoñecemento á súa obra en Rusia e neste caso por partida dupla xa que a película inspirada nesta novela tamén está tendo aceptación nos cines rusos.
Máis información en Galicia Hoxe
e en La Voz de Galicia







