A sorpresa do xurado do premio Afonso Eanes de Cotón foi maiúscula ao comprobar que detrás do pseudónimo Marcial Baldovinetti estaban dous autores presentando obra conxunta baixo o título Cara a un solpor de gatos. Verónica Martínez Delgado e Antonio Fernández Seoane repartiranse os 1.200 euros do premio desta terceira edición do certame de Negreira nun feito pouco habitual nos certames literarios. O xurado destacou da obra a súa unidade temática, así como unha decidida vontade estrutural que revela un elaborado entretecido de voces poéticas e motivos recorrentes.
Máis información en La Voz de Galicia







