Recoller os mellores libros de poema que se lle teñen dedicado a Compostela na nosa lingua. Ese é o obxectivo do Concello de Santiago que lanza a colección Poeta en Compostela coa colaboración da Asociación de Escritores en Lingua Galega e El Correo Gallego. O primeiro xoves de cada mes distribuirase co xornal e totalmente de balde un novo libro. Para comezar, o vindeiro sete de outubro os lectores recibirán Poemas a Compostela, do recentemente finado Manuel María.
Máis información en El Correo Gallego







