A revista Enfocarte.com recolle a obra de dezaseis poetas galegos de menos de corenta anos nunha antoloxía de poesía galega

Poesía enfocada

A revista na rede de arte e cultura Enfocarte.com dedica un apartado especial á poesía galega a través dunha “Antología de Joven Poesía Gallega”. Dezaseis autores e autoras nacidos entre 1965 e 1979 son os elixidos para representar ás novas xeracións poéticas galegas. Entre os escollidos están Yolanda Castaño, Emma Couceiro, Emma Pedreira, Estevo Creus, María do Cebreiro, Estíbaliz Espinosa, Marta Dacosta, Olga Novo e Rafa Villar. Deles, e dos outros sete, apórtase unha ficha biográfica e unha mostra das súas obras coa tradución ao castelán. O especial ven profusamente prologado pola profesora e crítica literaria Teresa Seara, que baixo o título de “Versos para un futuro de esperanza: la joven poesía gallega”, fai un percorrido pola máis recente historia da literatura galega e debuxa o panorama actual así como as características desta xeración máis nova.Outra revista na rede da que xa demos noticia en agosto, The Barcelona Review, ven de publicar a segunda entrega da serie que dedica ás mulleres poetas galegas, neste caso dedicado a Emma Couceiro e Cristal Méndez.

Maís información en Enfocarte.com
e na revista The Barcelona Review