Días no imperio, é o título do poemario que lle valeu a Daniel Salgado os nove mil euros do premio Esquío de Poesía na súa modalidade en galego. Pola súa banda, Fragmentos dun diario descoñecido, da arxentina Noni Benegas, levou o premio en castelán. Os accésits, dotados con mil quiñentos euros foron para Carlos Penela por O que ardeu nos espellos e para Miguel Sánchez Robles, por Desecación de la alegría.
Máis información en Galicia Hoxe; e en La Voz de Galicia







