Todos as coñecemos. Son habituais en todas as festas que inzan Galicia, especialmente nos meses de verán. As orquestras que percorren o país de aldea en aldea mesturando os éxitos de sempre coas cancións do verán e mobilizando centos de persoas e movendo un negocio millonario. Sen embargo, o sector adoece dunha atomización que algunhas iniciativas tentan remediar.
É sabido que aos galegos gústannos as festas. Segundo un especialista no tema como é Emilio Sampedro, director de Campo da Festa Comunicación, "nós temos censadas unhas nove mil festas no país, mais estimamos que pode haber entre quince e vinte mil, cunha duración que oscila entre un só día e unha quincena, o que pode supor un total de cen mil xornadas festivas cada ano". As cifras impresionan, pero en facendo un simple reconto mental das festas que cada un coñece e ás que asistiu vese que non é tan disparatada. Na maior parte destas xornadas hai un elemento que non falta: a orquestra. Unha festa sen botarlle unhas repichocas non é festa nin é nada. "Eu vou a unha festa, coa taciña de viño, o polbo, e escoitas a música, e bótaslle dous bailes e sempre encontras alguén coñecido con quen falar, e iso é o importante na vida ao fin e ao cabo", apunta Sampedro.
Canteira de calidade
Con tanta festa, e ante a demanda musical que supón, non é de estrañar que no país teñamos unha das ratios máis altas de formacións musicais por persoa no mundo. Case cincocentas orquestras para dous millóns de medio de habitantes, segundo apunta Sampedro. "Galicia é o lugar no que máis orquestra hai en España e tamén onde están as mellores". Para el, a profusión de bandas de música populares que tamén temos no país é unha canteira excelente que garante a continuidade deste tipo de formacións. "Hai lugares coma Rianxo, Lalín, Ponteareas ou Taragoña que en canto nace un rapaz xa practicamente o apuntan na banda de música, e de aí sae unha formación musical que se agradece, e unha calidade contrastada", explica.
A importancia
Aínda que o traballo abonda, a competencia non é pouca, e o espectáculo das orquestras evoluíu moito desde os tempos en que unha furgoneta daba para levar os músicos e máis todo o equipo ata os actuais tráilers que percorren as corredoiras cargados de material para levar a festa ao último recanto do país. "As mellores orquestras galegas teñen un equipo de son superior que o de calquera artista español", apunta o director de Campo da Festa, "e cada ano actúan ante máis xente que calquera artista do Estado, porque fan entre cento cincuenta e cento oitenta galas con medias de tres mil ou catro mil persoas de público en cada unha, e iso non o fai Alejandro Sanz e todo o ano. Hai festas no rural, coma en Friol, que chegan a xuntar até dez mil persoas no campo da festa". Ao contrario que outras tradicións do rural, as festas populares non parecen en xeral correr perigo de desaparición, xa que habitualmente son as ocasións escollidas polos emigrantes para visitar a aldea de orixe e reunirse coa familia. Sampedro sinala que deste xeito hai lugares nos que cada familia achega até cento cincuenta euros para contratar a orquestra que aquí, mais que en todo o Estado, é parte esencial da festa. "Noutros lugares os touros levan até o cincuenta por cento do orzamento das celebracións, e aquí, como non os hai, eses cartos van para a orquestra, que pode supor até o setenta por cento dos cartos das festas grandes e chega até o oitenta das pequenas".
A innovación
A competencia supón grandes esforzos por mellorar a calidade do espectáculo, e deste xeito os xogos de luces, a actualización constante do repertorio, o coidado da imaxe ou mesmo a creación de merchandising e de páxinas web nas que comunicar co público son estratexias que van penetrando nas formacións e chegan aos campos da festa. Coa ampliación de actividades das orquestras non é estraño encontrar grupos que no seu repertorio inclúen, para alén dos pasodobres de toda a vida, clásicos do rock coma Queen, Deep Purple ou mesmo Pink Floyd, tentando chegar a novos públicos. Ao tempo vaise incrementando tamén a oferta de espectáculos, e números humorísticos, tríos musicais ou grupos folk como a Roda empregan o mesmo circuíto de actuacións que as bandas máis habituais. Nesta altura as fichaxes de bos músicos e de cantantes entre as orquestras están á orde do día e mesmo comezan a se incluír nos contratos cláusulas de rescisión que os artistas deben pagar se abandonan a formación antes do pactado.
Organización do sector
A pesar do enorme movemento social e económico que supón o sector encóntrase tremendamente atomizado. O feito de que as negociacións se fagan de comisión de festa en comisión de festa e que estas entidades adoitan carecer de entidade xurídica para arranxar as cuestións administrativas fan que os prezos dos espectáculos poidan variar moito e que en xeral o mundo das orquestras estea moi pouco regulado profesionalmente, aínda que son só cincou ou seis as grandes axencias de contratación as que abarcan a maior parte das orquestras do país. Neste sentido tamén se dá a circunstancia de que a maior parte das agrupacións que actúan nas verbenas galegas son do país, xa que as dificultades para trasladar o equipo fai que o radio de acción dunha banda sexa moi curto.
Revista
O amor ás verbenas e o interese por vertebrar un sector como este foi o que levou a Emilio Sampedro a pór en marcha Campo da Festa comunicación. A empresa edita anualmente nove números da revista "Fiesta y espectáculo", que vai polo quinto ano de existencia e, cunha tiraxe de entre oito e dez mil exemplares por número, constituíuse no referente para os profesionais deste ámbito en Galicia. Repasos polas diferentes orquestras e empresas encargadas de achegar son, luz ou todo tipo de complementos ás actuacións, contactos con orquestras e grupos de contratación e mesmo as tendencias deste mundo fóra de Galicia están presentes na publicación. O éxito do invento fixo que Campo da Festa Comunicación ampliase o proxecto e na actualidade estea a publicar unha edición para Andalucía, con dous anos de existencia e outra para a zona do Levante Español. "Tentamos ser o nexo de unión que facilite a comunicación do sector", apunta Sampedro. Alén diso, ao ir coñecendo o sector, a empresa comezou a ofrecer servizos de comunicación integrada ás orquestras, preocupándose de facer páxinas webs, CD-Roms promocionais e campañas publicitarias.
Futuro
A partir da revista, Sampedro pretende "facer fincapé nas necesidades do sector e presentalas ante as instancias precisas para ver por onde se pode arranxar a situación", sinala. Deste xeito, e para comezar, na empresa están a crear un Consello Editorial para a revista no que queren que estean representados desde a Asociación de Actores Directores e Técnicos de Escena até as bandas de música populares, as bandas de gaitas, as pirotecnias, e mesmo a radio e a televisión. "A idea é que o consello se xunte cada mes, e analice un pouco as claves da información para ver por onde vía transcorrer a información de cada un dos sectores, a eles vailles ben porque expandirán a súa comunicación e nós bebemos desas fontes". Seguindo nesa intención de artellar o sector, a empresa prepara, para o vindeiro mes de novembro, a primeira feira de festas e espectáculos que ser organiza en Galicia. O recinto feiral de Vilagarcía acollerá un encontro no que estarán representados desde a pirotecnia aos bailes de salón, as atraccións para rapaces, monicreques e outros entretementos e, é claro orquestras. "queremos que as empresas se amosen e podía haber esa interrelación que nos vemos que non existe noutros lugares e que é necesario aquí". Neste evento tamén entregaranse premios en homenaxe a algúns dos mitos do sector, como son Os Tamara, como formación máis veterana ou Andrés do Barro como mellor compositor. "Queremos activar un pouco o sector e darlle esa relevancia que hoxe lle falta". A festa continúa.