O sector profesional da verbena vive con total desasosego a chegada do mes de xullo. Os profesionais que o conforman (músicos, montadores, técnicos, bailarÃns) tiñan na época de verán ata agora o seu principal perÃodo de sustento coas festividades locais por todo o territorio. As malas previsións xa causaron o pasado 17 de xuño un anuncio inesperado cando a Orquestra Panorama, unha das meirandes formacións de verbena do Estado, comunicou que vÃa inviable para o seu modelo de espectáculo facer xira este ano coas condicións previstas de asistencia e requisitos sanitarios, e pechaba asà calquera posibilidade de contratación pola súa parte. Dende entón o sector (conxuntamente co dos traballadores de feiras) vive axitado , malia que a pasada semana xa houbo contactos cos Xunta de Galicia, a nivel estatal está prevista unha manifestación en Madrid o vindeiro 8 de xullo. Nesta semana a Xunta ven de publicar no DOG dous textos que supoñen a regulación de condicións desta actividade. As capacidades máximas só están aseguradas durante o mes de xullo.
Medidas que afectan tamén a ensaios
O pasado sábado 27 de xuño o Diario Oficial de Galicia publicaba a modificación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada por COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, un texto que xa entraba en parte a regular as medidas a tomar nos espectáculos e mesmo dos ensaios de formacións musicais. Desde xeito establecÃase nas festas e verbenas ata un máximo de 1.000 persoas para os espazos cunha superficie útil menor ou igual a 8.000 metros cadrados. No caso de que a superficie útil do recinto sexa superior aos 8.000 metros cadrados, o lÃmite máximo púxose en 2.000 persoas, sempre que se manteña unha persoa por cada tres metros cadrados de superficie. Ademais un dos grandes condicionantes resulta estar sobre os propios escenarios xa que durante a actuación e os ensaios de orquestras, bandas e outras agrupacións musicais, as persoas integrantes deberán manter a distancia de seguridade e, a norma di que se iso non é posible, reducirase o número de compoñentes de xeito que se cumpra coa dita distancia. Ademais todos os compoñentes da orquestra, banda ou agrupación musical que non sexan intérpretes de instrumentos de vento ou vocalistas deberán levar máscara durante toda a actuación ou ensaio. A Xunta impón que os vocalistas e os intérpretes de instrumentos de vento só poderán quitar a máscara no momento da súa intervención vocal ou durante o uso do instrumento e deberán manter a distancia de seguridade durante a súa actuación e os ensaios, evitando situarse enfronte doutros intérpretes e recomendándose o uso doutros elementos como pantallas ou anteparos de separación.
Publicación da orde o 30 de xuño
Nunha publicación anexa ao Diario Oficial de Galicia de onte martes, último dÃa de xuño, a Xunta publicaba a orde pola que se aproba o Protocolo en materia de lecer nocturno, festas, verbenas e outros eventos populares e atraccións de feiras para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. Neste texto especÃfico a ConsellerÃa de Sanidade busca recoller todas as medidas concretas e atender as necesidades propias do sector de acordo coas da seguridade sanitaria do contexto pandémico. O texto lembra, ademais de o xa sinalado e outros moitos protocolos, a necesidade de establecer recintos acoutados tamén nas verbenas e controis da capacidade nas entradas e saÃdas do recinto para evitar aglomeracións, ademais das medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal no interior e no exterior. Esta Orde ademais distingue dúas etapas, a primeira de mes de xullo serÃa a correspondente a estas medidas e restricións, mentres que a segunda comezarÃa do 1 de agosto en adiante aparece sinalada coas mesmas medidas agás a capacidade dos recintos, supeditada á avaliación dos resultados obtidos na etapa primeira.