A cousa non é nova, pero nos últimos anos cada vez son máis as bandas que se achegan á tradición dun xeito máis desenfadado, achegando ritmos e instrumentos que soaban nas vilas e aldeas galegas durante a primeira metade do século XX. Instrumentos das bandas como clarinetes, saxofóns, acordeóns e pratos acompañan ás gaitas e tamborís para interpretar tangos, rumbas, mazurcas ou chotis á par de xotas e muiñeiras.
Saxofóns de varios tipos, tubas, acordeóns, clarinetes, bombos con pratos ou mesmo bombardinos, que se suman ás formacións máis ou menos tradicionais con gaitas e tamborís. Rumbas, pasodobres, tangos, mazurcas, polcas ou valses a acompañar muiñeiras, xotas ou foliadas. Sons festivos e bailables, mesmo agarrados, ao xeito das verbenas. Estas son algunhas das características que atopamos en varios dos traballos de música folk que se están a publicar no noso país. Uns sons que apostar por reivindicar un legado musical de murgas, concertinas e charangas, que vencellaba as bandas de música cos instrumentos tradicionais e que facían parte das verbenas populares. Un son que se estendeu desde comezos do século vinte ata aproximadamente os anos 50 e que esmoreceu despois ante a institucionalización da música tradicional en grupos como os Coros e Danzas, os traballos de recuperación patrimonial e a propia emerxencia do folk contemporáneo.
Grupos e propostas
Os xeitos de se achegar a este legado musical son moi variadas. Xa en 2006 Marful presentábase cunha reivindicación explícita da música dos salóns de baile vilegos, mesturando a tradición cos ritmos americanos ou a canción melódica, unha proposta na que o grupo recuncou no seu segundo disco. A seguir estas mesmas pegadas, atopamos formacións que reivindican explicitamente as orquestinas ou murgas como formación de referencia, mesmo recuperando nalgúns casos repertorio destes grupos. É o caso de Linho do Cuco, a gravar agora mesmo un novo disco, ou de Alvariza, que incorpora un clarinete baixo como instrumento distintivo e que acaba de debutar con Once badaladas. Canda a eles, aparecen outros grupos recentes, como Os Irmandiños de Vincios ou Abóbriga, que aproveitaron a experiencia de varios dos seus membros na banda de música para integrar os metais no seu son. As pegadas pódense atopar tamén no traballo de Tiruleque, con aires balcánicos, na carreira de Quempallou, ou nalgúns temas de Treixadura ou de Tentemozo, último disco de Os Cempés, onde a intervención dos membros da Escola Livre da MPG se deixa sentir cun nidio son de banda de música en varias das pezas,.
Un camino máis
Segundo recoñece Óscar Losada, xornalista especializado en folk, si que se está a dar unha certa coincidencia no tempo de grupos que apostan por sons semellantes, un pouco recuperando o que se chamaba charanga no seu día. Ese pasado está aí, con todo o legado da emigración. No entanto, apunta que aínda é moi cedo para considerar que esta perspectiva chegue a ser dominante no panorama de raíz. Penso que para falar de tendencia aínda terían que vir máis propostas no mesmo sentido, ao mellor no tempo si que podemos falar dunha tendencia clara no folk. A verdade é que quedan aínda moitas vías por estudar.
A resurreción de Os Trintas
Un dos casos recentes que aposta por este legado musical é o de Vaamonde, Lamas e Romero, que no seu disco O tambor de prata recuperan, a base de clarinete, gaita e acordeón, repertorio da banda Os Trintas de Trives, que comezou a súa actividade a finais do século XIX. O repertorio que tiñan era de música popular pero non tradicional. Tocaban chotis, valses, mazurcas ou rumbas, cun director de banda. O que si mantiñan era unha formación tradicional de gaita, requinta, caixa e bombo para interpretar esas pezas. Nós xa coñeciamos o seu material, lembra Vaamonde, nunhas partituras que se transmitiron a base de fotocopias entre os interesados polos folclore, aínda que poucas formacións as incorporaron ao seu repertorio. O que nos interesaba deles sobre todo era que tiñan un concepto do espectáculo, tiraban as baquetas ao aire e facían xogos no estilo. E iso é algo semellante ao que nós tamén faciamos, e quixemos traballar os seus temas pero incorporándoos con este sentido de espectáculo e non unicamente no sentido musical. En O tambor de prata o disco incorporou a Banda Sinfónica da Coruña nun concerto ao vivo onde se puido ver a integración dos sons tradicionais con estes arranxos. Decidimos facer en grande o que Os Trintas xa tiñan en pequeno. Que as gaitas tocasen coas bandas non foi raro nin estraño. O noso proxecto non foi en absoluto anovador, unicamente tentamos actualizar o repertorio de banda e de gaita con arranxos que soan frescos. A verdade é que no noso caso concreto estamos a ter unha boa acollida, e vexo boa disposición nos músicos de banda para estas propostas. Ogallá se poida avanzar neste sentido, explica Vaamonde.
Os Modernos
A orquestra Os Modernos amosa outro xeito de se achegar á tradición incorporando instrumentos propios de banda. Bombardino, saxo tenor, clarinete, gaita, caixa e bombo con pratos son as armas coas que este grupo aborda os seus temas. A nosa idea era reinventar un pouco a historia da música galega, recuperar propostas que no seu día deixaron de funcionar porque se impuxo un romanticismo na música galega que determinou o que era puro e o que non o era, explica Alonso Caxade, un dos membros da banda. Xogamos coa ensoñación de qué tería pasado se non houbese nada puro na música tradicional e se gaitas se mesturasen, como acontece una Habana ou en Río de Janeiro co bombardino ou co saxofón para tocar habaneras, tangos ou foxtrots. Segundo sinala, non queremos facer un traballo etnográfico. Partimos dos anos 20 para coller unha estética e un discurso musical, pero as melodías, aínda que están polo xeral bastante documentadas, chegan ata os anos 40. Tamén traballamos repertorio musical da lusofonía, que ao mellor non chegou aquí con tanta facilidadade naquela época. Nos concertos tentamos levar un discurso dramático, como se fose unha obra teatralizada naquela época, con referencias e retrousos moi marcados. O grupo entra en estudio o vindeiro mes de xaneiro para presentar o seu novo disco.
Documentos
Caxade salienta, ao igual que Vaamonde, a importancia que a emigración tivo á hora de redefinir a música tradicional. Xosé Posada ou o Quintento Monterrey fixeron escola na emigración e contribuiu á música nun momento en que acó se estaba a denostar a mestura. Unha influencia que, no caso da cuba está ben documentada no estudo A La Habana quiero ir, que realizou Ramom Pinheiro ou no traballo de recuperación O Quinteto Monterrey de José Posada: nos xardíns da Tropical, que desenvolveu Óscar Ibáñez. Canda a estes traballos nos últimos anos incrementouse a posibilidade de coñecer máis polo miúdo o son de formacións de raíz en activo ao longo do século XX. Lanzamentos como os que realizou Ouvirmos na súa colección A Tiracolo permitiron ouvir o traballo de Los Monfortinos, Os Dezas de Monexas ou Os Gaiteiros de Soutelo entre outros, ao igual que as publicacións da Editorial Cumio sobre diferentes gaiteiros e grupos son fontes que facilitan o traballo dos grupos interesados en reivindicar este patrimonio.
O abandono dunha vía
Encol do xeito en que se deixaron de integrar os instrumentos de banda e os tradicionais, e o xeito en que estes se independizaron, no folk, Vaamonde considera que pode deberse a varios factores. Por unha banda, o folk tendeu a ollar cara ao Norte, a como se facían as cousas en Escocia ou e Irlanda e ao mellor desvinculouse algo do que houbera aquí noutro momento. No entanto, nós tiñamos un camiño moi claro e marcado, e non tiñamos necesidade de importar bouzoukis, bodhrans ou whistles. En certo xeito foi unha moda. Na mesma liña, Caxade sinala que non é por criticar ese romanticismo, que tivo o seu mérito, cumpriu unha función e fai parte dunha época. Estableceuse o que era puro e o que non o era na música tradicional, e houbo propostas que deixaron de funcionar non por falta de público, senón porque se decidiu así. Pola súa banda, Vaamonde sinala que mesmo cando se reivindicou a gaita como mascarón de proa da música tradicional se apostou pola formación en cuarteto, coas dúas gaitas tocando a un tempo. Pero esa afinación fora posible grazas a tocar a gaita cos clarinetes ou os saxos, lembra Vaamonde. Nese sentido relacionouse a cultura tradicionalmente galega co cuarteto. De se mesturar co clarinete ou o acordeón, pensábase xa que tiña un carácter menos diferenciado. As charangas, as bandas ou as murgas considerábanse menos enxebres.
Outro xeito de ollar a música tradicional
Coinciden este discos coa recuperación de propostas como os cantos de taberna ou a proliferación de foliadas e seráns por todo o país, algo que Vaamonde relaciona. Houbo unha época, que eu penso que foi moi nociva, no que se pensaba que só os que estaban no escenario sabían tocar a bailar. Íase nunha dirección como de música clásica, creárase como un muro que separaba os músicos da xente, cando a música popular ten que ser do pobo. Agora estamos cun certo efecto rebote, estase a recuperar e para isto axudan as foliadas, que se cante na taberna. Tamén o traxe marcaba unha distancia tremenda, e hoxe vese xente que toca en vaqueiro e en camiseta. Ao final, o importante na música tradicional é participar nela, que a xente se divirta. Este espírito pode explicar en certo xeito a proliferación de pasodobres, rumbas ou pezas axeitadas para o baile agarrado ou que non esixen coñecementos especializados para a súa execución nas verbenas.
Ollar para os avós
Caxade, pola súa banda, apunta que os anos vinte están de moda en xeral, mesmo na vestimenta, ou a publicidade, e insire nesta tendencia internacional o crecente interese da escena galega polo cabaré. Canda a isto, salienta unha cuestión xeracional. Aínda que diferente, ese romanticismo musical segue a funcionar en Galicia e seguimos a buscar a nosas metas no que se facía no tempo dos nosos avós. Se no seu día Marcial Valladares atendía ao que facían os vellos, agora buscamos os referentes tamén no tempo dos nosos avós, e a maioría da xente que ten esa idade xa bailaban mazurcas ou foxtrot.