O pasado 8 de novembro abría as súas portas na Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura, Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia. Esta exposición, artellada a partir de fondos do propio centro, aborda de xeito pioneiro a historia dunhas formacións musicais que continúan sen estar plenamente integradas no panorama da cultura galega. Coñecemos as claves que nos achega este proxecto da man de Zósimo López e Henrique Neira, responsables da mostra.
Visita virtual á exposición Botamos un baile? no web da Biblioteca de Galicia
A iniciativa de desenvolver este proxecto partiu do propio persoal da Biblioteca de Galicia, que consciente do grande material que posuían sobre este ámbito da nosa cultura procuraron con quen traballar para artellar unha exposición que o dese a coñecer. "A arquiveira Helena del Río pensou en como divulgar todo o patrimonio que o centro posuía" como parte do depósito legal de exemplares que todas as publicacións estaban obrigadas a realizar en institucións públicas. "Con Noelia Bascuas, directora do centro, comezaron a procurar quen puidese traballar un relato con ese material e crear esta exposición", explica Zósimo López. Canda a Henrique Neira, López foi autor do primeiro estudo con metodoloxía científica sobre o sector da verbena en Galicia. A investigación Do palco ao escenario, coordinada por Xaime Fandiño, cuantificou de xeito pioneiro en 2011 o peso económico das orquestras e as súas dinámicas no país. Canda a esta investigación, outros estudos arredor do tema levaron a López e a Neira a ser escolleitos para desenvolver este proxecto didáctico. A exemplificar o alcance do fenómeno das orquestras, Neira lembra que "na investigación que fixemos en 2011 vimos que de todos os concellos do país só un non tivera actuación de orquestras durante os 12 meses anteriores, e mesmo ese tiña previsto contar con elas para o seguinte ano".
Dos desfiles ao baile
Botamos un baile? dá conta da evolución destas formacións ao longo tempo. Zósimo López explica que "orixinalmente xorden de bandas de carácter militar, que logo foron adoptadas polos concellos pero que estaban vinculadas a rexementos situados en lugares con certa tradición castrense, como Marín. A partir de aí, con eses instrumentos de metal a se combinar con outros tradicionais como a gaita, o tamboril e os adufes vanse configurando as orquestras" a partir dos primeiros anos do século XX. Para o comisario da mostra, a evolución deuse fundamentalmente en tres eixes: os instrumentos, os repertorios e os elementos técnicos. "Os instrumentos foron mudando en función das posibilidades tecnolóxicas e dos gustos. A finais dos anos 60 un póster da Sintonía de Vigo amosa xa unha guitarra eléctrica como símbolo de modernidade. Nos últimos anos setenta aparece o teclado electrónico, en peaña ou colgado, ou a batería eléctrica. As orquestras sempre tentaron amosar o mais novo e o máis espectacular, a achegar elementos modernos e cosmopolitas a todo tipo de recunchos do rural". Na actualidade "aínda que continúan a ter instrumentos de metais, que é o que define unha orquestra fronte a un grupo, hai un maior peso da música electrónica en orquestras grandes como a París de Noia, a Olympus ou o Combo, que se dirixen máis á xente nova". Segundo apunta Neira, a repasar eses cen anos de evolución constátase que "o mundo da verbena vive das innovacións técnicas. A grande revolución dos últimos anos foi neste sentido, e levou a que practicamente o público deixase de bailar para seguir o espectáculo visual que se desenvolve desde os escenarios".
Incorporar novidades
Unha característica destas formacións é a súa apertura a diferentes estilos, a reflectir en cada momento histórico os gustos da sociedade. Deste xeito, López advirte que "nos anos 20 atopamos moita presenza de ritmos que viñan de Norteamérica, como foxtrot ou swing. Ao avanzar o tempo vemos como se combinan con ritmos galegos como as jotas ou as muiñeiras". Desde a súa perspectiva, "a eclosión da verbena como a coñecemos agora é nos anos 50, cando as orquestras van procurar a vida fóra de Galicia e visitan sobre todo países latinoamericanos" o que levaría a unha introdución de ritmos e instrumentos que aínda hoxe manteñen a súa pegada no repertorio musical destas festas. "Os Satélites visitaron Venezuela nos anos 50, Pucho Boedo botou tempo nun casino de Caracas e, coma outras formacións, en Tánger ou Casablanca. A orquestra Los Españoles ata chegou a Xapón nos anos 60", explica. "Vemos un trafego de viaxes nos que as formacións non deixan de aprender novos xeitos e ritmos pero tamén incorporan profesionais que se establecen aquí. Alfonso Espiño ten estudado a presenza dunha comunidade de Puerto Rico en Compostela" cara a 1970 "que compartiría moitos bolos en salóns de festas e de bailes con outras formacións".
Temas para todos e sons exclusivos
Encol do xeito no que se foron incorporando estas novidades aos repertorios das verbenas, López advirte que "moita responsabilidade é da distribución da música pop, que estaba na radio, nos discos e en casetes. Isto creou unha retroalimentación no estilo das orquestras. Se algún músico escoitaba os Beatles gustáballe ter pezas súas no repertorio. Canda a estas, habería música de baile agarrado ou propostas máis actuais chegadas doutros lugares". Segundo sinala Zósimo "iso mesmo é o que se emprega agora, un pastiche que inclúe no repertorio un pasodobre, un merengue ou unha canción de Shakira, todo nun mesmo espazo e coa intención de contentar a todo un abano de público que inclúe avó, pai ou fillos". Fronte a esta tendencia a reflectir os gustos populares e a recoller todo tipo de correntes, López destaca que "existen temas específicos das orquestras, que só vas escoitar nas verbenas. El polvorete, El Bombero ou Amparito non chegan a un pub ou unha discoteca. Isto fai tamén que na sociedade se asocien determinados ritmos a certas épocas do ano, e a música de pachanga fica vencellada ao verán".
A documentación
Malia á súa experiencia previa no sector, o proceso de documentación da mostra supuxo unha descuberta para os propios comisarios. "Descoñecíamos completamente a cantidade e a calidade dos fondos que existen, xa non só sobre as orquestras senón toda a parte de comunicación, publicitaria e comercial vencellada ás festas" asegura López. "Documentos como os libros de festas, aos que hoxe ao mellor non lle damos moita importancia, achegan contidos moi interesantes. Un libro de, por exemplo 1919 é unha xoia a nivel bibliográfico", lembra. Precisamente dentro da investigación que realizaron para este proxecto, a este comisario chamoulle a atención "o coidados que estaban antes os libros das festas. Nas de Santiago atopamos capas de Camilo Díaz Baliño ou textos de Rey Alvite. Agora é difícil atopar intelectuais ou deseñadores de renome a facer este tipo de cousas. Nos carteis das festas tamén se comproba como agora prima máis a funcionalidade e o chamar a atención, con tipografías rechamantes e cores fluorescentes". Coincide con el Neira, que destaca que "nos programas das festas vense ilustracións moi interesantes que amosan o gusto da sociedade en cada época". Canda a isto, salienta que "xa nos anos corenta aparecen textos en galego nas publicacións dalgunhas festas. Isto para min foi unha sorpresa, xa que naquel momento era raro atopar textos en galego en calquera ámbito".
A desaparición do pasado recente
A información que achega esta documentación foi mudando moito ao longo do tempo. Segundo lembra Zósimo López, a comezos do século XX a principal fonte de información eran os libros e os carteis que anunciaban as festas. Co tempo, as orquestras comezaron a ter material promocional propio. "Aos poucos deixaron de ser só un nome en letra grosa nun cartel e pasaron a ter fotografías, tipografías específicas e mesmo imaxes corporativas e sistemas de comunicación propios de artistas xa maduros". Malia á abundancia de documentación á que se enfrontaron neste proxecto, o comisario apunta o paradoxo de que, nunha época de superabundancia de información, está a se perder un importante patrimonio. "Grazas ao Depósito Legal existe moito máis patrimonio bibliográfico anterior aos anos 90 ou 2000. Ao se eliminar a obrigatoriedade de realizar o Depósito Legal e co crecemento do formato dixital para a documentación, vemos que moito material deixa de se preservar e perdemos a memoria máis inmediata de todo o que se fixo nos últimos quince anos. Temos máis documentación dos anos 50 do que das últimas décadas", advirte.
O carácter pioneiro
Canda a este problema, a posta en marcha da exposición atopou a mesma dificultade que López e Neira enfrontaran no seu estudo sobre o sector. "Un dos grandes problemas que temos é que non existe unha historia contrastada e con base científica sobre a historia das festas, a evolución da verbena e as orquestras en Galicia. Iso dá pé a falacias, como que a orquestra Compostela é a máis antiga de Galicia. Dátase en 1919 e por como estaba configurada sabemos que tiña que ser moi posterior. Pero non temos datos como unha acta fundacional que desminta ese dato. Temos que tirar de documentos e testemuños indirectos ou entrevistas cos propios protagonistas, pero non contamos con documentación oficial", asegura López. Deste xeito, nos seus estudos "ao ser traballos pioneiros tes que coller de aquí e de alá, non existe unha bibliografía científica. Rachas moito a cabeza para crear un modelo teórico sólido e por esa banda resulta un proceso moi dificultoso. Ten a parte boa de que estás a abrir camiño para xente que veña detrás".
A distancia da cultura
Estas dificultades amosan a distancia que existe entre o mundo das orquestras de verbena e outras formas de música e de cultura no noso país, unha cuestión da que son plenamente conscientes estes investigadores. "Os grupos de música tradicional ou folk nunca se mesturaron cos de pachanga ou baile, como se lles queira chamar. Aínda que é certo que sempre estiveron xuntas, porque nunha festa galega as dúas formacións son necesarias. E mesmo pode acontecer que os mesmos músicos dunha formación de música tradicional fagan tamén parte dunha orquestra. Pero o repertorio ou os instrumentos non se mesturan, non se ven gaitas e tamborís a tocar con metais", exemplifica López sobre o ámbito da música de raíz. Esta distancia verifícase cada ano nos Premios Martín Códax da Música, onde as candidaturas na categoría de Orquestras, Grupos e Música de Verbena non dan conta da multiplicidade de proxectos que existen neste campo. "É certo que os músicos que traballan nas orquestras non se consideran tan artistas como os do pop, non teñen ese halo de importancia. Na maioría dos casos consideran que o seu traballo está máis relacionado co de ser unha especie de técnicos de divertimento do que artistas con transcendencia. Esa visión non casa ben coa que poden ter uns premios de música", apunta López. Á hora de falar da valoración deste fenómeno no seo da cultura do país, Neira considera que "se as orquestras tivesen temas propios, ademais de se individualizar fronte a outras formacións e tamén poderían cobrar dereitos de autor e exportar ese material. Entendo que pola propia dinámica das orquestras pode ser difícil, pero o mesmo se podería facer un esforzo para incentivar a creación de temas, mediante un certame ou algunha iniciativa similar. Tamén se podería favorecer se as administracións esixisen que, cando contraten unha orquestra, parte do repertorio tivese que estar en galego".
Influencias directas e indirectas
Malia á distancia que existe entre as orquestras e outras formas musicais, nos últimos anos diferentes proxectos reivindican este legado nas súas apostas creativas. "Ortiga son pioneiros, canda a outros proxectos de Cibrán como Esteban e Manuel ou Boyanka Kostova. Pero tamén están Malandrómeda, Ataque Escampe ou Novedades Carminha. Hai moitas cousas que non se darían se moitos artistas do país non fosen ás verbenas ou non as tivesen como parte da súa paisaxe sonora". Para Neira, á súa vez, a influencia máis clara das orquestras sobre o ámbito musical galego dáse a nivel do capital humano. "Nestas formacións traballan milleiros de persoas vencelladas á música. É xente que se forma e que manexa varios instrumentos, e moitos deles participan tamén noutras formacións musicais".
Un futuro máis achegado
Propostas como esta exposición semellan apuntar unha mudanza na percepción do panorama das orquestras na cultura do país. De cara ao futuro, López considera que este panorama "vai coller peso. Ao igual que con outros patrimonios existe falta de coñecemento e orgullo para o pór en valor. Non somos consciente da importancia que teñen as orquestras de verbena ou a súa infraestrutura. O trailer-escenario e un inventazo, pero aquí semella que todo este mundo carece de prestixio. Se pensamos en cantos produtos audiovisuais ou libros teñen como referencia as orquestras son moi poucos. Hai excepcións como a serie Los Atlánticos de Antón Reixa ou a presenza da verbena en filmes como 18 comidas de Jorge Coira. Temos un lote de filmes que fan referencia ao fenómeno fan da música, pero aquí a ninguén lle deu por facer un no que os músicos da orquestra sexan os heroes". De cara a divulgar este patrimonio, o repositorio Galicia permite xa a consulta en rede dunha importante cantidade de documentación sobre festas e verbenas, a incluír unha colección de 155 carteis de espectáculos, e prepara un microsite específico que agrupará os contidos sobre esta cuestión. Canda a isto, a Biblioteca de Galicia ten xa publicada no seu web unha visita virtual á exposición, que se pode visitar no seu formato físico na sede desta entidade ata o vindeiro 31 de maio de 2024. E mentres, a historia das verbenas continúa a se escribir.
Galería de pezas de Botamos un baile?
Cartel das festas de San Pelayo, na Estrada. 1939
Baile no Círculo de Artesáns da Coruña con orquestra sen identifica. Foto Blanco.
Libro das festas de San Froilán. 1954
Orquestra Sintonía de Vigo. 1969
Programación de Nadal dos Pasales, Noia. 1974
Cartel das festas de Roupar. 1995