Ofertar unha alternativa ás orquestras e introducir concertos de grupos galegos nas programacións festivas de verán. Este é o obxectivo de dous proxectos que se acaban de presentar en paralelo, Verbena Galega e Galicia on The Road. Detrás, para alén da crise, está o convencemento de que temos música para todos os gustos e que está a mudar o público das festas.
De xeito paralelo, acaban de se presentar no noso paÃs dúas iniciativas que pretenden integrar os nosos grupos de música máis actual nun panorama dominado pola hexemonÃa das orquestras. Unha liña que xa comezaron hai uns anos diferentes agrupacións tradicionais a artellar espectáculos de grande formato que se poden integrar nas programacións festivas.
“Temos unha das comunidades con máis grupos de España pero logo a programación dos concellos para as festas baséase sempre en orquestras”, explica Miguel Prado, promotor de Galicia on the Road. “A maior parte da xente que vai ás festas ten 50 anos ou menos. E unha persoa de 50 anos hoxe medrou escoitando a Loquillo, Barricada, Kortatu ou The Clash, e nas festas non atopa isto nin nada parecido”, sinala. Na mesma liña, Manuel Roxo, promotor de Verbena Galega desde a empresa Culturactiva, considera que “hai un certo fastÃo da hexemonÃa das orquestras. Os repertorios de todas son moi semellantes e practicamente só muda a iluminación e a montaxe. Entón penso que estamos no momento axeitado para tentar isto”. En concreto, Roxo apunta que os diferentes gustos musicais do público están xa incorporados nos propios repertorios das orquestras, e que os grupos galegos poden responder a esa demanda de variedade. “A observar as orquestras que traballan hoxe, e que teñen moita experiencia neste campo, vese que teñen dous repertorios, un que tocan a primeira hora máis axeitado para todas as idades, e outro máis centrado nun público xuvenil que queda cara ao final”.
A oferta da verbena
A responder a isto, Verbena Galega propón “un grupo de música tradicional para todos os públicos a primeira hora e logo grupos que van da pachanga ao rock”. Ademais, a iniciativa achega un picadiscos que programará temas en galego logo do concerto. O lote inclúe un escenario móbil, son e iluminación. “Na música tradicional contamos con Pandeiromus e mais con Pablo Seoane Grupo. Logo do que chamamos pachanga galega, temos O Sonoro MaxÃn e A CompañÃa do RuÃdo. Pensamos que poden chegar a moita xente, porque fan música orixinal e versións e atrévense con todo, rumbas, cumbias, rancheiras merengue e fusións ata co punk”, explica Roxo. “É algo ecléctico que se vai adaptar ao público”.Malia a que a ofertas vai en paquete, está aberta á negociación. “Pode mudarse, por exemplo, para pór un concerto pola tarde, en sesión vermú, e outro pola noite, non é un formato pechado”, sinala Roxo desde Verbena Galega.
Os que van pola estrada
Pola súa banda, Galicia on the Road oferta un concerto de catro grupos a escoller endtre DakidarrÃa, Dios Ke Te Crew, Falperrys, Familia Caamagno, Holywater, Igloo, Niño y Pistola, Novedades Carminha, O Sonoro MaxÃn, Sés, Terbutalina e The Cornelius. IncluÃndo tamén escenario, iluminación, son e mesmo promoción ou catering. “Tentamos seleccionar grupos que chamen a xente de diferentes estilos”, explica Prado. AsÃ, a pachanga, o pop, punk ou o hip-hop coinciden no menú desta proposta. “Ao mellor faltáronnos algúns grupos de rock máis cañeiro ou de funk”, apunta, “pero estamos a ter moitas solicitudes para se incorporar ao proxecto”.
Crise e creatividade
Encol das causas que están a facer que os grupos galegos ollen para as verbenas, non falta a inevitable referencia á crise económica. “As posibilidades de actuación ao vivo están a se reducir, hai menos festivais”, explica Roxo. “Cómpre entón recuperar espazos que perdemos”. Pola súa banda, Pardo apunta que “a idea é que os concellos inclúan programación para un público máis novo. Pensamos que hai moito campo por esta banda para tocar”. A circunstancia, no entanto, coincide cunha etapa no que a música galega posúe unha extraordinaria calidade en variedade de estilos. “Temos a experiencia de ver as bandas que levamos, e sabemos que teñen capacidade sobrada para divertir a grandes e pequenos”, apuntan desde Verbena Galega. “Ao final levamos música bailable, e pensamos que hai público para isto”.
Os problemas de formato
Unha das pexas que os grupos galegos atopan tradicionalmente para chegar ás festas populares é o formato dos concertos. “En moitos casos os concertos dos grupos galegos fanse en escenarios pequenos ou están pouco publicitados”, sinala Prado. Isto contrasta coa potencia de son e luces e o tamaño dos escenarios que manexan as orquestras. “Os grupos adoitan estar en escenarios pequenos e con propostas tamén pequenas”, coincide Roxo. “cómpre incorporar unha produción profesional, que amose que isto non vai ser un concertiño senón algo de primeiro nivel”. A integración de varios grupos nun mesmo espectáculo permite tamén competir na duración coa oferta das orquestras. Se o concerto habitual dun grupo pode roldar a hora e media de duración, estas novas propostas achegan música durante un mÃnimo de catro horas e media.
O problema da xestión
Canda a isto, o xeito de funcionar deste circuÃto deixa tamén polo xeral fóra os grupos de música do paÃs. “É difÃcil chegar ás comisións de festas e aos torreiros. Teñen xa un xeito de traballar habitual, falan co distribuidor de orquestras e fan o mÃnimo esforzo”, explica Roxo. Nese sentido, os promotores das dúas iniciativas sinalan que, aÃnda que están a recibir moitos contactos con interese por contratar, atópanse con que boa parte das programacións festivas deste verán están xa fechadas “en moitos lugares traballan mesmo cun anos vista, e iso fai difÃcil entrar”. Asà pois, Verbena Galega ten claro que a oferta continuará para o verán que vén, a tentar conseguir máis oco nas programacións. Pola súa banda, en Galicia on the Road “estamos pendentes de diferentes concellos e contactamos tamén patrocinadores privados que poidan apoiar esta proposta”. Mentres esta proposta non ten aÃnda datas confirmadas, Verbena Galega xa ten varios contratos por todo o paÃs. O programa inaugurouse o pasado 17 de maio, a coincidir no DÃa das Letras, cunha actuación en Lugo, con Pandeiromus e A CompañÃa do RuÃdo en cartel.