Temos no noso paÃs desde hai anos unha industria diferencial no campo da cultura, que move máis de 24 millóns de euros sen apenas axudas públicas, que dá emprego a preto de 6.000 persoas, que ten o groso da súa actividade no ámbito rural. E que vÃa a semana pasada, por vez primeira, unha análise especÃfica. O mundo das orquestras sae á luz e amosa un espazo dinámico que, no entanto, corre o risco de se ver afectado polas mudanzas na sociedade.
A Axencia Galega das Industrias Culturais presentaba o pasado xoves Do palco ao escenario. O estudo correu por conta de Canal Campus, un equipo de investigación da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago. O coordinador do proxecto, Xaime Fandiño, apunta a magnitude do sector das orquestras. “Falamos de que Citroën da emprego a unhas 6.000 persoas. Aquà temos un sector que ocupa, se ben é certo que maioritariamente de xeito temporal, a 4.000 e move 24.2 millóns de euros ao ano. E practicamente sen subvencións”. Debemos pensar que, para alén de músicos, este ámbito dá traballo a técnicos de son e luz, transportistas ou responsables de arranxos entre outros prfoesionais. Os datos do informe referidos ao ano 2010, as 295 orquestras rexistradas contabilizaron un total de 5.743 actuacións nas 2.387 festas con verbena que se celebraron no paÃs.
Peculiaridades
Este panorama amosa unha serie de peculiaridades dentro do sector cultural e que diferencian unha industria nidiamente galega, sen nada semellante fóra do noso paÃs. Por exemplo, a maior parte dos actuacións desenvolvéronse no medio rural, algo estraño nas industrias culturais en xeral. Para máis, “agás nos grandes concellos, as orquestras non están subvencionadas e páganas directamente os vecinos ou con métodos como as rifas. Dubido moito que haxa outro sector cultural que se mova con cifras semellantes de investimento privado”, lembra Fandiño. Na maior parte dos casos, a teor do analizado, son as comisións de festas parroquiais as que corren cos custos e abordan a contratación dos espectáculos. As colectas e, en ocasións, os beneficios do monte mancomunado, son o soporte económico que financia estas celebracións.
A crise e a contratación
“Malia á crise, semella que o sector logra manterse relativamente a flote. “AÃnda que a crise afecta moito ao sector do ocio, as festas continúan a ocupar un papel central, e non se deixan de celebrar. O que si acontece é que diminúe a programación, e se antes se facÃan tres dÃas con varias actuacións, agora fanse dous ou lévanse menos grupos” explica o coordinador do estudo. A diminución non afecta por igual a todas as formacións, “as grandes, que contan cun representante sopórtano mellor, teñen máis problemas para atopar oco as que se moven de xeito independente”, lembra este investigador. Encol de se isto pode provocar unha maior concentración do negocio, Fandiño sinala que “xa existe concentración, sobre todo a nivel de grandes orquestras”. Representantes con dereitos exclusivos da formación ofertan paquete completos nos que se inclúen varias formacións que cobren diferentes sesións dunha mesma festa e mesmo tocan servizos paralelos como xogos inchables para os máis novos. “A opción de ofertar un paquete coa festa montada chave en man para a comisión de festas é moi interesante. Hai que pensar que normalmente muda a composición destas entidades e que cómpre aprender a dinámica de funcionamento, asà que isto facilÃtao todo. En moitos lugares onde se están a montar festas da Xuventude, o único que fai a comisión é levar a barra, que é o que dá o cartos, mentres que do resto se encarga a empresa da orquestra”.
Evolución tecnolóxica
Para alén da análise económica, o informe fai tamén un repaso pola evolución do sector desde a constitución dos primeiros grupos que substituÃron as tradicionais bandas de gaita ata as actuais grandes orquestras. A modernización tecnolóxica e unha certa concentración de recursos deu en formacións cos máis modernos medios técnicos e escénicos e un caché moi elevado, que en ocasións chega aos 18.000 euros por actuación e supera o de cantantes consolidados no panorama estatal. E que as comisión estáns dispostas a abordar sabendo que este tipo de actuacións atraen público. “A evolución tecnolóxica foi moi positiva, levou a reinventar o tema das orquestras, e apoiados na rede, xurdiron fenómenos como os clubs de fans, sobre todos en casos como a ParÃs de Noia, a Olympus ou a Panorama.
Factor artÃstico
Para alén do tecnolóxico, Fandiño destaca o alto nivel artÃstico das formacións galegas. “Os músicos teñen unha calidade enorme. Pode vir un cantante destacado no mercado español e comprobar que despois del toca unha orquestra que mesmo pode que interprete as súas cancións cun mellor equipo técnico e mellor cantadas e interpretadas do que el mesmo”. Arreglistas e músicos de primeiro nivel, que a miúdo participan en proxectos creativos fan parte deste circuÃto. Precisamente este investigador salienta que a capacidade de aproveitar este talento é unha das grandes eivas do sector. “Seguimos nunha fase de reproducir temas foráneos, pero non se busca o valor engadido que outorgan as propias composicións. Non podemos basear todo o futuro nos artificios tecnolóxicos”. Procurar repertorios propios para cada formación, ou combinar os espectáculos das orquestras con actuacións ao vivo de grupos galegos, aproveitando o mesmo escenario, son as propostas que fai Fandiño para solventar esta cuestión. “SerÃa interesante que puidesen circular actuacións propias nos mesmos escenarios, permitirÃa aproveitar o circuÃto das verbenas para a promoción de artistas do paÃs”, apunta.
Ameazas estruturais
Máis do que o risco de que a crise faga desaparecer as orquestras ou mude o modelo de negocio, Fandiño alerta de perigos estruturais que poden mudar este vizoso mundo. “A unión de concellos, por exemplo, pode acabar coa celebración de moitas festas. Logo está a desertización demográfica, que deixa moitas vilas e aldeas sen xente nova que faga o traballo, ao longo de todo o ano, da comisión de festas”. As mudanzas nos hábitos de ocio poden ser, a medio prazo, outro sector de risco para o ámbito. “Cómpre seguir investigando o sector, de xeito que se poidan cruzar datos e facer proxeccións sobre o futuro para saber onde imos e non perder este circuÃto. Que non vexamos como en cinco ou dez anos, o escenario pasa de dar de comer a 4.000 familias a só ter 1.000”, alerta.
Estudo Do palco ao escenario.A Axencia Galega das Industrias Culturais presentaba o pasado xoves Do palco ao escenario. O estudo correu por conta de Canal Campus, un equipo de investigación da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago. O coordinador do proxecto, Xaime Fandiño, apunta a magnitude do sector das orquestras. “Falamos de que Citroën da emprego a unhas 6.000 persoas. Aquà temos un sector que ocupa, se ben é certo que maioritariamente de xeito temporal, a 4.000 e move 24.2 millóns de euros ao ano. E practicamente sen subvencións”. Debemos pensar que, para alén de músicos, este ámbito dá traballo a técnicos de son e luz, transportistas ou responsables de arranxos entre outros prfoesionais. Os datos do informe referidos ao ano 2010, as 295 orquestras rexistradas contabilizaron un total de 5.743 actuacións nas 2.387 festas con verbena que se celebraron no paÃs.

Fonte: AGADIC