Desde hai algo máis dun ano, Galicia vese sacudida por un fenómeno social sen precedentes. Para alén de mobilizacións e de protestas, o país enteiro está posicionado a favor ou en contra dun feito sen precedentes. Semana tras semana, as discusións en bares, oficinas e traballos xiran sobre un mesmo tema: Os Tonechos. Este dúo cómico conseguiu que as súas aparicións en Luar se convertan nos espazos con maior audiencia da TVG, chegando a un público do máis heteroxéneo.
Naceron case por casualidade. No programa "Sen perdón" da TVG coincidiron Xavier Manteiga, Víctor Fábregas e Roberto Vilar, os tres traballando ao tempo coma guionistas e actores nos números cómicos deste espazo. Cando o director, Manolo Abad, pasou a encargarse de Luar, non o pensou dúas veces e chamounos. "Viu que funcionabamos ben en equipo e pediunos que preparásemos algo para Luar, e entre as propostas que lle fixemos estaban Os Tonechos", explica Víctor Fábregas. A orixe destes tres humoristas era ben diferente. Mentres Roberto Vilar (Tonecho) deu os seus primeiros pasos no teatro afeccionado xa moi neno e continuou con el até que, pasada a etapa universitaria deu o paso cara a profesionalización da televisión, Victor Fábregas (Tucho) viña do mundo de detrás das cámaras onde traballaba coma operador. Pola súa banda, Xavier Manteiga, para alén do seu traballo coma guionista, conseguira xa un certo renome coma escritor e mesmo chegou a facerse cun Premio Xerais de Novela. Completan o reparto dos Tonechos Mariana Carballal, como esposa de Tonecho e Dorotea Bárcena que interpreta a denostada sogra. E actualmente están feitos un auténtico fenómeno social "posibelmente o mais grande que se deu na televisión en Galicia", apunta Manteiga.
A definición do grupo
O feito de que os Tonechos sexan como son non é froito da casualidade. "Coñecemos o público para o que imos e buscamos as claves que o puidesen enganchar. O espectador de Luar responde ás características de ser moi rural e cunha grande abundancia de mulleres", explica Manteiga, "e nese sentido temos as personaxes de Amadora e de Maribel, que teñen moito éxito". A atención ao público é unha constante no grupo, que ao actuar en directo poder as reaccións dos espectadores e pulir os seus números segundo as mesmas. No entanto, o que está a converter os Tonechos nun auténtico fenómeno social, é o feito de que aos poucos conseguiron saír dese público e converterse na sección máis vista do programa con máis audiencia da TVG. "Na actualidade estamos abrindo vías novas e vemos que o grupo tamén ten éxito entre xente nova e o público urbano", sinala Manteiga, "Unha vez que consolidas un público fiel pódeste permitir abrir o abano e iso é algo que procuramos facer". "Sorprendeunos bastante que agora tanto nos ven nenos coma mozos coma xente de máis idade e de distintos sectores sociais, agora o mesmo che saúda pola rúa un catedrático de universidade que un albanel" coincide Fábregas.
O guión
"Moita xente pensa que os Tonechos non teñen guión, e esa é unha das chaves do éxito. O guión é bo porque semella que non existe", sinala Manteiga. Á hora de elaboralo, o traballo repártese por igual entre os tres integrantes do grupo. "Quedamos un día á semana e cada un leva unha idea, debatémola punto por punto, seleccionamos a mellor e logo imos completando os gags", explica Manteiga. O ensaio do número completo non se produce até o día mesmo do programa "a naturalidade é unha das claves, non telo todo perfectamente estudado, alén diso eles son actores que teñen recursos suficientes para desenvolverse no directo", conclúe o guionista. Niso coincide tamén Víctor Fábregas, que considera que "unha das claves é a frescura, a xente pensa que traballamos moito a improvisación, outra clave está na proximidades dos personaxes, que son moi próximos e se fan moito de querer".
Traxes e frases
Outro truco dos Tonechos é a caracterización dos personaxes. A intención inicial era irlles mudando a vestimente en cada actuación, mais despois do éxito colleitado na primeira co pixama de Tonecho e o casco na cabeza de Tucho, decidiron deixalos con ese aspecto. Do mesmo xeito, o característico xeito de falar do pai e do fillo axudou a crear uns carácteres que conectan rapidamente co público. "É fundamental ter unha frase que caracterice cada personaxe, coma o "pasa de todo" de Tucho. Cando a xente repite pola rúa a frase dun personaxe, e que ten éxito", explica Manteiga, "aos rapaces pequenos por exemplo encántalles Tucho, porque é coma Mortadelo, é unha personaxe de banda deseñada que se disfraza". Do mesmo xeito naceron personaxes coma o de Amadora, a sogra, "cóllese un estereotipo, caricaturízase un pouco e como todo o mundo se ve identificado fai graza".
O humor
O seus creadores defenden que os Tonechos funcionan a todos os niveis sociais porque empregan unha amalgama de influencias que van desde o humor tradicional ao absurdo, cunha forte componente do esperpento de Valle-Inclán e referencias nos irmáns Marx ou mesmo de Woody Allen. No entanto, non cabe dúbida que a magnitude do fenómeno revela unha especial conexión co humor dos galegos. Para Manteiga, as características que definen este humor é "unha grande retranca e unha actitude na vida de desconfianza, un xeito de non lle dar importancia a nada e pasar un pouco por riba das cousas". Marta Pérez, doutoranda en Ciencias da Comunicación que está a investigar o humor na produción televisiva galega, compara os Tonechos co outro grande produto humorístico da TVG, a serie "Pratos Combinados". "Os Tonechos teñen un modelo de tramas, presentación e resolución de conflitos moi semellante ao da entente Miro-Antón" (protagonistas de "Pratos Combinados"). A identificación cultural do público cos personaxes é para Marta unha parte importante do éxito destes programas, que considera que a retranca, "a fórmula máis habitual que define o humor galego" funciona coma "unha forma de resistencia que compartes as culturas sobre as que pesa, dun xeito ou outro, a hexemonía dun sistema cultural externo".
Máis humor
No mesmo sentido o antropólogo Marcial Gondar define o humor do noso país coma "particular forma de pensar que se dá na cultura galega e que consiste en enfocar os problemas de xeito non excluínte senón complementario". "Pódese ver unha conexión coa regueifa, non porque sexa improvisación senón porque está baseado nunha dialéctica, basease sobre todo na fala, o recurso cómico é empregar a lingua con insultos, que é un recurso tamén da regueifa e tamén da rapidez, valórase moito a rapidez.", apunta Marta. "Efectos cómicos que son os imposíbeis, que son xente nova que fala coma vellos e xente nova que aparece falando coma vellos, as fontes de inspiración son o cotián e a fala popular e o humor paisano, de reunión familiar espontánea".
O futuro
Hai pouco tempo saía a noticia. Os Tonechos abandonan Luar esta temporada. Se embargo, na crista da onda como están, non poderían desaparecer na televisión, todo o contrario. Para a vindeira temporada están a traballar nun proxecto de novo formato que será ou ben unha serie propia ou ben un programa de sketches que contará con novas personaxes nacidas da mente deste trío de creadores. Fábregas teno claro: "Non nos queremos desprender dos Tonechos até que a xente o diga, a nosa idea é aproveitalos un pouquiño máis e abrir a partir deles outros camiños tamén".