Carballo celebrará en 2023 o 'Ano do Xestal'

O concello lembrará no humorista e folclorista a un dos seus residentes máis populares

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Cuentos Gallegos por O Xestal. 1961. Primeiro disco do humorista. Fonte: Xohán Xabier Baldomir Cabanas

Cuentos Gallegos por O Xestal. 1961. Primeiro disco do humorista. Fonte: Xohán Xabier Baldomir Cabanas

O Concello de Carballo celebrará no ano 2023 o 90º aniversario do nacemento e o 30º do pasamento de Carlos Díaz Gestal, O Xestal buscando recuperar e poñer en valor a figura do humorista e músico, que aínda que nacido na Coruña residiu no lugar do Seixo (Lema) durante máis de vinte anos ata o seu falecemento. O Xestal foi un personaxe que acadou fama e popularidade na súa época a través de gravacións humorísticas distribuídas en discos e cassettes con éxito de vendas e cuxa obra é hoxe imposible de encontrar fora de centros de documentación como o Arquivo Sonoro de Galicia. O Xestal empregou o humor como un xeito de activismo e reivindicou a nosa cultura, conseguindo un grande éxito. Pola súa faceta musical a el se lle debe a popularización de pezas como a Marcha do Antigo Reino de Galicia, a Foliada de Montemaior ou a celebérrima Apaga o candil que durante moitos anos fechou o programa Luar, entre moitas outras pezas que el mesmo recollía e gravaba. Ademais foi impulsor de formacións corais e participou de agrupacións tradicionais. O filólogo Xohán Xabier Baldomir Cabanas publicou en 2013, da man da Editorial Académica Española, o libro 'O Xestal. Contador de contos', no que se achegou ao traballo deste humorista mediante a análise de 83 dos seus relatos.

Non é a primeira vez que desde o Concello de Carballo se rende homenaxe a esta singular figura, xa no ano 2010 se levaran a cabo accións neste sentido, pero agora o goberno municipal (BNG) levará a pleno o vindeiro martes esta proposta que se materializará coa declaración do ano que vén como "Ano do Xestal". A proposta inclúe, ademais a realización das xestións precisas para o traslado dos seus restos mortais dende o cemiterio parroquial de San Martiño de Razo, onde foi soterrado nun nicho cedido provisionalmente, ao cemiterio municipal de Carballo; a creación dunha comisión organizadora dos actos conmemorativos do "Ano do Xestal", presidida polo alcalde ou persoa en quen delegue e formada por persoal de distintas áreas municipais e representantes de entidades e/ou medios de comunicación aos que estivo ligado Carlos Díaz Gestal durante a súa estadía en Carballo, e o traslado deste acordo aos concellos nos que residiu ao longo da súa vida, así como á Xunta de Galicia e á Deputación Provincial da Coruña, para que consideren sumarse á conmemoración do "Ano do Xestal".

Que che parece esta nova?
100 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

A cultura do humor

Ver serie completa
Ladridos que fixeron historia

Ladridos que fixeron historia

Culturagalega.gal súmese ao 40 aniversario de Can sen dono coa publicación da colección completa de portadas da histórica revista

Chichi Campos desde o outro mundo

Chichi Campos desde o outro mundo

Un libro, unha exposición e un documental reivindican a figura deste creador aos 31 anos da súa morte

O pioneiro dos contos

O pioneiro dos contos

Un libro-disco e un espectáculo recuperan o traballo do célebre humorista Joselín

O Xestal: As risas esquecidas

O Xestal: As risas esquecidas

Un libro recupera a memoria do humorista galego supervendas dos anos 70

É para rir: de Castelao aos Tonechos

É para rir: de Castelao aos Tonechos

Unha investigación analiza as particularidades do humor galego

Os tempos do Carrabouxo

Os tempos do Carrabouxo

O popular personaxe cumpre 30 anos feito unha auténtica icona cultural

Do mesmo ámbito

O pioneiro dos contos

O pioneiro dos contos

Un libro-disco e un espectáculo recuperan o traballo do célebre humorista Joselín

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Humor, Concello de Carballo, A Coruña, Contos...