Foi durante anos a única expresión escénica en galego que existiu no país. A importancia do espectáculo de títeres Barriga Verde, que percorreu feiras e festas de Galicia ata mediados dos anos 60 será agora recoñecida cunha homenaxe que organiza a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, coas colaboracións da Asociación Cedofeita, Concello de Pontevedra, Deputación Provincial e Xunta de Galicia, e no que tamén participará a Asociación Cultural Morreu o Demo.
O "acto de restauración da memoria lingüística" celebrarase este sábado 26 de abril a homenaxear a José Silvent, cabeza visible da familia que levou o espectáculo por todo o país. A Casa da Cultura de Lérez, parroquia onde se asentaron os Silvent, acolle o eixe do acto, que contará con intervencións de diferentes oradores e a actuación de Os Chispas do Lérez.
Ademais, mudarase a lápida da tumba de José Silvent e da súa dona no cemiterio de Lérez por unha escrita en galego, cun epitafio que reza "Aquí xacen na súa paz Emerenciana Fernández Gómez e José Silvent, o mítico Barriga Verde, que levaron o seu espectáculo de monicreques feito en galego pola Galicia do século XX. Honras para eles!". Canda a isto, na porta do cemiterio instalarase unha placa de agradecemento aos devanceiros da parroquia "porque grazas a eles Galicia segue a ter cultura e lingua de seu".
O presidente da Irmandade Xurídica Galega, Xosé González Martínez, publicaba nesta Semana Santa en diferentes medios do país un artigo a explicar a importancia que o espectáculo de Barriga Verde tivo para o noso idioma durante o franquismo. No mesmo, lembra as gabanzas que a esta montaxe dedicaron "Vicente Risco, Álvaro Cunqueiro, Luís Pimentel, Ánxel Fole, Raimundo García Domínguez Borobó, que chegara a escandalizar á anacrónica directiva da Real Academia Galega coa súa proposta feita desde as páxinas do xornal santiagués La Noche de nomear académico de número a José Silvent".