Uns cantos penedos nos altos do Barbanza agochan pequenas fortificacións de tempos descoñecidos, pero recoñecidas pola tradición oral como castelos e non como castros. A maior parte delas están ausentes da documentación medieval, e iso creou numerosas dúbidas (e lendas) sobre a súa cronoloxÃa e funcións. A súa proximidade ao mar imaxinounas vinculadas á defensa contra a piraterÃa medieval, ou ao control compostelán sobre unha rica e estratéxica comarca do bispado. Unha nova intervención arqueolóxica rematada o venres pasado deitou información sobre un destes misteriosos castelos: San Mamede (Tállara, Lousame).
Durante moito tempo os investigadores do Barbanza preguntáronse por unha misteriosa parella de fortificacións, denominadas o castelo de San Mamede e o castelo de FruÃme, que parecÃan controlar o estratéxico paso do Confurco, que comunica actualmente Boiro con Noia e que xa na Prehistoria foi tamén unha vÃa de comunicación estratéxica, con xacementos de moitas épocas, e algúns deles moi singulares. San Mamede e FruÃme, con todo, parecÃan complementarse, e deitar os seus ollos sobre zonas distintas. San Mamede é o que parecÃa estar máis sobre o antigo camiño, e enfronte da serra do Barbanza.
Estruturas localizadas. Foto: equipo arqueolóxico
Unha nova escavación arqueolóxica xa permite comezar a definir cronoloxÃas para este lugar. O arqueólogo Mario Ramos, da Universidade de Santiago, rematou o pasado venres a primeira intervención arqueolóxica neste lugar e unha das primeiras practicadas nun recinto altomedieval en altura desta zona. Este novo investigador rematou o seu traballo fin de master sobre as fortificacións altomedievais da comarca do Barbanza coa dirección do profesor José Carlos Sánchez Pardo. A intervención, financiada con fondos do proxecto de investigación de Sánchez Pardo no grupo SÃncrisis da USC, permite contrastar a análise previa do territorio co rexistro arqueolóxico destes espazos.
Un castelo e dous penedos
O castelo ocupa dous grandes penedos e unha plataforma intermedia entre eles. "Algo do que estamos a ver", explica Ramos, "é unha ampla cantidade de estruturas negativas escavadas nas rochas". Desde o alto deses penedos divÃsanse as dúas rÃas, a de Arousa e a de Muros-Noia, ao mesmo tempo. E tamén varios castelos que reforzan o valor xeolóxico do emprazamento.
Porén, os arqueólogos centráronse na plataforma intermedia entre os dous penedos, na que xa en prospeccións anteriores localizaran en superficie material cerámica de interese. O resultado das diferentes sondaxes deitou unha sorprendente cantidade e diversidade de material medieval, algo que non é moi frecuente na arqueoloxÃa das fortificacións altomedievais galegas. "Atopamos numerosos bordes cerámicos de potas, xerras pequenas, mesmo apareceron cinco arrinques de asa de cántaro, clavos de ferro, pero tamén fusaiolas, que apuntan a actividades téxtiles no xacemento e que non é moi frecuente". De feito, Ramos lembra que só coñece outro caso, no castelo da Veiga (Culleredo, A Coruña). "En xeral, o rexistro arqueolóxico é tamén semellante ao castelo de Portomeiro (Val do Dubra), aÃnda que a aparición dalgunhas pezas con decoracións máis complexas pode estar a dicirnos que San Mamede pode ser dos momentos finais da Idade Media, ao redor do século X", explica Ramos. Porén, os investigadores tomaron mostras de carbóns que permitirán concretar máis a data de ocupación do castelo. "Pode ser que haxa unha última fase en plena Idade Media", especula Mario Ramos.
Bordes decorados e fusaiola. Foto: equipo arqueolóxico
As dúas sondaxes practicadas revelan certa complexidade do pequeno recinto defensivo. A practicada no recinto entre os dous penedos amosou moitos materiais distintos, namentres que unha segunda sondaxe practica ao suroeste revelou unha canalización que parece ter certa función de evacuación de lÃquidos do recinto superior, asà como estruturas que aproveitan a muralla. Os arqueólogos tamén detectaron un nivel cun forte incendio, aÃnda que non é posible determinar se por causas fortuÃtas ou intencionais.
Quen ergueu este castelo e para que? Para Ramos, a posición estratéxica do xacemento e a súa conexión visual con outros tres castelos da área, como FruÃme, Vitres ou o Castelo Miúdo é importante para o seu emprazamento, e vincúlao "quizais co fortalecemento dalgún poder estatal". A cronoloxÃa encaixa cun momento de especial activación do reino de Galicia, coa construción de igrexas, fortalezas e o fortalecemento dos poderes episcopais, señoriais e reais.
Polo momento, a intervención arqueolóxica comeza a poñer luz nuns xacementos ata agora descoñecidos nunha das comarcas galegas máis investigadas arqueoloxicamente desde hai máis tempo. Xunto co estudo das mámoas e dos castros, agora os castelos alumean unha época ata agora pouco coñecida.