Baixo o epígrafe Semente de Mencer a Casa de Rosalía de Castro en Padrón acolle este sábado 4 de xuño a partir das dezanove horas unha homenaxe a Darío Xohán Cabana. O autor falecido o pasado mes de novembro é recoñecido pola Fundación Rosalía como "amigo histórico desta Casa, alén de ser un dos grandes escritores da Galicia contemporánea, inmellorable tradutor da gran poesía italiana e occitana medieval e persoa comprometida co futuro da lingua galega e da propia Galicia".
O acto contará coa única actuación que o grupo Fuxan os Ventos realizará polos seus cincuenta anos de actividade. Canda a eles, contarase cunha nutrida presenza de nomes da cultura do país como O' Leo de Matamá, o Mago Antón, Eliseu Mera e Diego Rojo, Chus Pato, Lois Pérez, Pepe Cáccamo, Antón Dobao, Xabier Cordal, Oriana Méndez, Xoán Cuba, Rosa López e Leonor Cabana, que realizarán intervencións literarias e musicais no evento. En caso de chuvia a actividade trasladarase ao Auditorio de Padrón.