O pintor lalinense Laxeiro foi un dos grandes renovadores da plástica galega na segunda metade do século XX. E este ano a Real Academia Galega de Belas Artes decidiu homenaxealo dedicándolle o Día das Artes Galegas. Exposicións, mostras e contidos especiais ofrecen unha visión panorámica da obra e pensamento deste renovador da arte galega e, ao tempo, continuador dunha tradición pictórica que se remonta á antes da dictadura franquista.
Esta tarde inaugurarase na Coruña, na sede Real Academia Galega de Belas Artes, a inauguración da exposición "Acción Laxeiro", comisariada polo fotógrafo e académico Xurxo Lobato. Será o punto de partida dun acto no que se homenaxeará á figura do pintor a quen a entidade designou como protagonista do Día das Artes Galegas. A Real Academia Galega recoñece así a súa relevancia "decisiva para o desenvolvemento e difusión da arte galega no século XX, e cuxa obra moderna e renovadora estivo sempre comprometida coa realidade do contexto sociocultural do seu tempo".
Pola súa banda, o Consello da Cultura Galega programou dous contidos especiais para conmemorar a Xosé Otero Abeledo, que era o nome real do pintor. Javier Pérez Buján asina unha estensa biografía no Álbum de Galicia na que dá conta da evolución persoal, profesional e artística do lalinense, desde os seus anos de formación e a súa experimentación inicial co expresionaismo ata o que serán as cidades nas que desempeñe a súa madurez creativa, Vigo e Bos Aires. Para Buján, Laxeiro conforma un universo pictórico "fascinado polo pensamento máxico da nosa cultura popular" e cun "cromatismo tenebrista, mestura de linguaxes e códigos". Por outra banda, o Arquivo Sonoro de Galicia incluíu a Laxeiro no seu proxecto de difusión Voces centenarias, dispoñibilizando tres documentos sonoros con entrevistas e conversas co escritor por parte dos xornalistas e públicos, procedentes dos fondos de Radio Nacional de España en Galicia e da Colección Antón Mascato. Nunha entrevista con Manuel Lomba desvela as súas influencias e a súa traxectoria vital. Nun audio de 1988 conversa co público durante a inauguración dunha exposición súa no Kiosco Alfonso da Coruña. E no terceiro dos Cortes Antón Mascato entrevístao, en 1983, para a revista Can sen dono. Nela observamos a un Laxeiro moi crítico coa situación cultural galega.
Tres exposicións en simultaneo
A celebración do Ano Laxeiro deu lugar a que concorran simultaneamente tres exposicións sobre a súa obra. En Madrid inaugurouse, na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, a exposición Foi un home. Laxeiro en América (Bos Aires, 1950-1970), que itinerará tamén pola Cidade da Cultura e París. En Vigo a Fundación Laxeiro tamén inaugurou outra exposición que pechará o vindeiro 5 de xuño e na que se pode contemplar obras procedentes de coleccións privadas localizadas pola Fundación logo de 2009.