A técnica do xeorradar emprégase habitualmente para localizar estruturas arqueolóxicas soterradas sen necesidade de escavar, e é unha disciplina moi empregada polos arqueólogos para tomar decisións ao redor dos xacementos. Pero e se, ademais, puidera valer para diagnosticar o estado das laxes e penedos nos que se asenta o xacemento e frear o deterioro natural?
AÃnda que boa parte da necrópole de San VÃtor de Barxacova (Parada de Sil, Ourense) está xa escavada e musealizada, os traballos continúan a través de campañas de restauración e conservación dun xacemento arqueolóxico que está ao aire libre e sometido ás inclemencias do tempo. O San VÃtor de Barxacova albergou un pequeno complexo sagrado de época altomedieval, cunha capela asentada sobre un rochedo e un caracterÃstico conxunto de tumbas labradas nos penedos. Agora, a necrópole foi obxecto dunha análise innovadora que permite ver no interior das pedras para comprobar o seu grao de conservación.
"O restaurador Gonzalo Buceta abordou, como parte do seu traballo de fin de master, unha análise con xeorradar dun par de tumbas da necrópole", explica o arqueólogo Eduardo-Breogán Nieto, de Breogán ArqueoloxÃa, "fixémolo en colaboración coa profesora da Universidade de Vigo Mercedes Solla, vendo como podÃa funcionar". Os resultados, satisfactorios, levaron a estender o procedemento.
"Nós estamos acostumados a aplicar o xeorradar para detectar muros ou foxas, pero aquà o que faciamos era mirar no interior das rochas", explica Eduardo-Breogán Nieto, "e iso permitÃanos detectar desprazamentos das laxes, a profundidade das fendas e outras circunstancias que nunca poderÃas saber escavando, porque estás ollando dentro do granito ou por debaixo del". O xeorradar permite penetrar ata un metro na rocha natural e determinar o perigo de ruptura ou de desprazamento que poden experimentar as laxes e asà aplicar tratamentos especÃficos máis precisos. A Universidade de Vigo foi a responsable dos traballos, financiados pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia coa colaboración do concello de Parada de Sil.
Esas fendas nas grandes laxes nas que foron escavadas as tumbas altomedievais teñen ademais un axente colaborador con gran capacidade erosiva: as formigas. "En Barxacova comprobámolo cando descobres dentro dunha tumba un montón de area. As formigas empregan as fendas para situar formigueiros baixo a pedra e en cuestión de dÃas dan sacado moitÃsima area do interior da pedra, debilitándoa por dentro. Ao iren ampliando as fendas, provocan que entre cada vez máis auga para o interior da pedra e iso pode acabar provocando desprazamentos".
A aplicación do xeorradar aplicado á conservación do patrimonio, e empregado para observar non as estruturas artificiais, senón o interior das formacións rochosas, é "novidoso", segundo Eduardo-Breogán Nieto. Nun paÃs como Galicia, no que unha gran cantidade de bens culturais están asentados sobre afloramentos, penedos e laxes, non hai dúbida de que hai ben de pedras dentro das que mirar.