A Noite das persoas investigadoras saca a ciencia dos laboratorios este venres

Celébrase de xeito presencial e virtual en sete cidades galegas e 360 europeas

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:
A Noite das persoas investigadoras saca a ciencia dos laboratorios este venres

O venres 24 de setembro as sete cidades galegas con campus universitarios celebran a Noite galega das persoas investigadoras, en paralelo coa mesma celebración en 360 cidades europeas, e que leva o título de "Conciencias creativas". O obxectivo do evento, que inclúe actividades presenciais e virtuais, é "dar a coñecer o valor do traballo desenvolvido polos científicos e científicas, así como a importancia desta actividade na sociedade". As actividades, con charlas e eventos de divulgación, impartiranse en espazos "afastados dos laboratorios", como rúas, museos, praias e bares, nun ambiente festivo. Está financiado con 154.000 euros procedentes do programa marco H2020. Está coordinada pola Universidade de Vigo, e no consorcio participan as universidade de Santiago e da Coruña, o Cesga, a Unidade de Cultura Científica da Delegación do CSIC en Galicia e Instituto de Investigacións Mariñas, o Centro Oceanográfico de Vigo (IEO, CSIC), Gradiant, Itmati, Inibic e Sebbm. É precisa inscrición previa para todas as actividades.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, CSIC, Museos, Universidade de Vigo...