A posibilidade da rehabilitación do edificio do antigo IGI - Instituto Galego de Información, vencellado á empresa Sargadelos e que foi incluso residencia de Isaac DÃaz Pardo contémplase dentro da "Proposta estratéxica plurianual do Consorcio de Santiago para o perÃodo 2021-2027-2032 'Camiño de Compostela 2032'" presentada onte na reunión do Real Padroado da Cidade de Santiago de Compostela. Un dos tres eixos fundamentais desta proposta é o relativo a Cultura e Sociedade, que conta cun orzamento xeral de 78.840.000 euros; á súa vez dentro deste apartado insÃrese o proxecto "COMPOSTELA CULTURAL AREA", que pretende utilizar os espazos patrimoniais dispoñibles, "xunto con outros infrautilizados ou que se poidan xerar en áreas periféricas da cidade, como base de novas propostas culturais, de residencias de artistas internacionais e de novos intercambios culturais. O documento, aprobado, propón a recuperación deste inmoble situado na periferia de Santiago, cerca do Monte do Gozo, para a creación dun "Polo Audiovisual de Galicia" que funcione en coordinación co vindeiro Hub Audiovisual, previsto pola Xunta, "facilitándose as instalacións para o desenvolvemento de rodaxes, coa finalidade de mellorar a competitividade empresarial" no obxectivo de ampliar estratexicamente o arrastre económico de actividade audiovisual na cidade. O documento insta a proceder á adquisición e rehabilitación do edificio.
Esta liña en concreto está orzamentada con ata 7.000.000 de euros nesta proposta, que tamén contempla a adquisición ou rehabilitación de outros edificio, sen determinar, para a creación dun centro de interpretación e observatorio da cidade e dun centro de documentación e depósito de legados dos artistas e autores composteláns que catalogue, restaure, microfilme e conserve a obra e legados de artistas e autores, poñendo de exemplo a Julio Maside, Camilo Otero, Jaime Quessada. Este edificio proposto deberÃa dar soporte, segundo o documento, ás actividades propostas, servir para fomentar a investigación en temas composteláns, abrir os contenidos ao público e permitir a exposición dos fondos propios ou de outros arquivos. Ao mesmo tiempo, contempla a proposta, serÃa sede dos arquiivos privados que non poidan desenvolverse nos domicilios dos propietarios. Un edificio con estes obxectivos deberÃa, seguno este proxecto ter, complementariamente, espazos dedicados á conservación en calquera soporte.
Outras actuacións destacadas
Con esta mesma filosofÃa de recuperación e utilización de espazos patrimoniais infrautilizados, proponse tamén recuperar e interpretar o espazo público e outros edificios como soporte de actividades esenciais para a cidade. Neste ámbito, a intervención máis ambiciosa é a que quere recuperar parte dos edificios do antigo Hospital Psiquiátrico de Conxo e todo o seu contorno como Polo de Formación Profesional Biosanitario. No relativo aos monumentos, a estas liñas principais de actuación súmase a recuperación das grandes pezas monumentais da cidade, ás que se engade a Facultade de XeografÃa e Historia, e dos seus bens mobles.
Real Padroado
O Real Padroado da Cidade de Santiago de Compostela é un órgano que ten como principal obxectivo coordinar e promover as accións do Goberno de España, Xunta de Galicia e Concello de Santiago, orientadas á preservación e revitalización da cidade de Santiago de Compostela e do seu patrimonio cultural. Onte reunÃase por primeira vez en 18 anos. O acto estivo presidido polo Rei Felipe VI e o presidente do Goberno, Pedro Sánchez. Tamén participaron o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo; a vicepresidenta primeira do Goberno e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Nadia Calviño; a ministra de Facenda e Función Pública, MarÃa Jesús Montero; a ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez; o ministro de Cultura e Deporte, Miquel Iceta; o delegado do Gobierno en Galicia, José Manuel Miñones; o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da Cidade, Xosé Sánchez Bugallo; o arcebispo de Santiago, Julián Barrio; o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López; e a subsecretaria do Ministerio de Cultura e Deporte, Andrea Gavela, que actúa como secretaria.