O Centro Dramático Galego estreará este xoves, 15 de abril, na súa sede do Salón Teatro de Santiago a súa nova montaxe Terceiro acto, dirixida por Andrea Jiménez e Noemà RodrÃguez (Teatro en Vilo). A obra é a segunda das tres producións previstas para esta tempada do Departamento de Produción teatral de Agadic tras O charco de Ulises e estará no cartel da sede do CDG de mércores a domingo ata o vindeiro 16 de maio. Presentada inicialmente coma "unha homenaxe aos nosos veteranos da escena", Andrea Jiménez e Noemi RodrÃguez asinan tamén a dramaturxia de Terceiro acto, creada a partir de improvisacións cun elenco escollido a través dos procesos selectivos do CDG e que neste caso primaba a actores e actrices veteranos para os roles da obra. Belén Constenla, Roberto Leal, Fernando Morán, Mabel Rivera e Eduardo R. Cunha "Tatán" conforman o corpo interpretativo desta montaxe. Marta Pazos está ao cargo da escenografÃa, Hugo Torres do espazo sonoro e Amaya Galeote da coreografÃa.
En Terceiro acto unha "troupe" de actrices e actores veteranos reúnese clandestinamente pola noite para emprenderen a que quizais sexa a súa última aventura xuntos. Nesta noite revivirán o que non volverá para entender, para modificar, para se reconciliaren co que xa non está, ao tempo que reflexionan sobre o terceiro acto das súas vidas. Xuntos, analizarán o seu legado e proxectaranse tamén no futuro incerto para falar sobre a vellez, a morte, os seus anhelos e desexos para esta nova etapa da vida. Terceiro acto, segundo comunica o CDG, é unha peza á vez cómica, sombrÃa e fermosa. Un poema escénico sobre a memoria e os soños; un exorcismo, unha celebración da vida e do teatro. Para o director do CDG, Fran Núñez, Terceiro acto fala "da oportunidade de aprender e compartir con esa xeración, da necesidade de chuchar todo ese coñecemento, esa memoria. É un proxecto no que dúas xeracións se encontran e comparten. Intercambian, dialogan, buscan e encontran o seu lugar", di no texto de introdución ao dossier da obra, no que tamén alude a esta obra coma unha ferramenta de transmisión e transición entre as dúas xeracións simbolizadas "entre a fundación do CDG e a da ESAD, as dúas grandes institucións públicas do teatro galego".
O teatro que xurde da conversa
Para as directoras e dramaturgas, Andrea Jiménez e Noemi RodrÃguez, nos seus espectáculos a idea de conversa sempre está moi presente. "Gústanos a idea do teatro como un foro, como un espazo de negociación que serve para tender pontes, para contradicirnos e para achegarnos uns aos outros", din no seu texto. No encontro co seu elenco esta idea canalizouse nunha longa e profunda conversa co este grupo de persoas maiores de 60 anos que dedicaron a súa vida á arte da interpretación e do teatro. "No camiño atopamos cinco persoas extraordinarias", aseguran, "cinco actrices e actores que se entregaron con absoluta xenerosidade á empresa de utilizar o teatro como un lugar para reencontrarse e reflexionar sobre certas cuestións que foron xurdindo ao longo do proceso e converténdose en relevantes". Os dÃas pasado, o impacto da dedicación á arte nas vidas dos integrantes do elenco, os procesos históricos atravesados no seu percorrido vital xurdiron nesa conversa con estas cinco persoas "que naceron nunha ditadura e que na súa mocidade creron que podÃan comezar de cero e loitar por un novo mundo".