O concello lugués de Barreiros dispón dun novo castro no lugar de A Maradona, na parroquia de Cabarcos. O xacemento arqueolóxico foi descuberto polas asociacións Mariña Patrimonio e Irmandade Santo Estevo tras unha corta de eucaliptos. O castro ten uns 110 metros de longo por 50 de ancho e está situado nun esporón rochoso entre dous rÃos. Preto do itsmo que conecta o sitio co exterior, pode apreciarse unha edificación parcialmente desenterrada cunha cabeceira semicircular. Segundo as devanditas asociacións, poderÃa tratarse dun monumento con forno ou sauna, un dos tipos de edificios máis caracterÃsticos da Idade do Ferro no noroeste peninsular. Un técnico da Dirección Xeral de Patrimonio desprazouse ata o lugar e catalogou o castro. Segundo as asociacións, tamén "sinalou que a edificación que aparece no xacemento, pola súa morfoloxÃa e ubicación, poderÃa tratarse dunha sauna", pendente dunha intervención arqueolóxica que o confirmara. De ser asÃ, serÃa a sétima localizada en Galicia ata o momento.