Durante moito tempo especulouse coa posibilidade de que a variedade albariño fora traÃda polos monxes chegados de Europa central aos mosteiros durante a Idade Media, pero de xeneralizarse os achados publicados pola investigadora Susana Boso e outros colaboradores da Misión Biolóxica de Galicia e do Departamento de Historia da USC no Australian Journal of Grape and Wine Research, as súas orixes poderÃan estar en época romana ou anteriores. Tras analizaren pébedas de vide localizadas nos xacementos de época romana de O Areal de Vigo e a Reza vella, en Ourense, canda os da Ponte do Burgo de Pontevedra (época medieval, entre os séculos XIII-XIV), puideron determinar, no caso de O Areal, a proximidade xenética das sementes atopadas coa variedade albariño. As investigadoras conclúen que a semente do albariño poderÃa proceder das vides silvestres da zona que foron domesticadas, ou mesturadas con outras procedentes doutras zonas do Imperio romano. No caso das da Ponte do Burgo de Pontevedra, as sementes estaban máis próximas aos do albariño, caÃño freixo, branco lexÃtimo e caÃño branco.