O Museo da Catedral de Santiago incorpora un cadro de Madrazo de temática xacobea

A obra de grandes dimensións estivo máis de cen anos nunha colección particular sen exhibición pública

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
"La traslación de los restos de Santiago a la sede de Padrón" de Raimundo de Madrazo      Foto: Catedral de Santiago

"La traslación de los restos de Santiago a la sede de Padrón" de Raimundo de Madrazo Foto: Catedral de Santiago

O Museo da catedral de Santiago expón desde hoxe a súa recente adquisición, o cadro La traslación de los restos de Santiago a la sede de Padrón de Raimundo de Madrazo (Roma, 1841 – Versalles, 1920). A peza, de grandes dimensións, foi realizada en 1859 cando o artista contaba só dezaseis anos e está considerada obra mestra da pintura española do século XIX, relacionada, por temática, co ámbito xacobeo o que provocou o interese da Fundación Catedral de Santiago. O cadro foi adquirido en poxa na casa madrileña Fernando Durán, e segundo a súa historia desde 1906 era propiedade dun coleccionista particular, polo cal non foi ata o de agora que pode ser contemplado en exhibición pública. A súa chegada ao Museo foi posible grazas á participación da Obra Social "la Caixa" quen colabora coa Catedral. O Museo catedralicio é visitado anualmente por más de 200.000 persoas e conserva unha das coleccións artísticas máis importantes de Galicia. Con esta e outras obras a Fundación cumpre coa súa finalidade social de conservar, investigar, difundir e acrecentar os fondos relacionados coa historia da catedral compostelá e co fenómeno xacobeo.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Museo da Catedral de Santiago, Xacobeo, Roma...