Un encontro aberto pon a andar o proxecto Concomitentes en Betanzos

Durante dous anos un proceso colectivo proporá unha obra de arte contemporánea arredor do Pasatempo

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Un encontro aberto pon a andar o proxecto Concomitentes en Betanzos

Ao longo dos vindeiros dous anos, a cidadanía de Betanzos desenvolverá un proceso de debate e de encontro con vistas a encargar unha obra de arte contemporánea arredor do Parque do Pasatempo. Un debate aberto este dez de outubro inicia o proxecto Legado Indiano cun encontro no que participarán Fran Quiroga, mediador deste proxecto, Pilar Cagiao, Doutora en historia e Profesora Titular de Historia de América o coordinador de exposicións do MUSAC Eneas Bernal e a presidenta a Asociación Galega de Antropoloxía Cristina Sánchez Carretero.

A xornada é a primeira das que se desenvolverán ata o mes de xaneiro. A seguinte actividade, prevista para o 16 de novembro será unha camiñada na que se dialogará mentres se percorren espazos patrimoniais da vila como o Lavadoiro ou o propio Parque do Pasatempo. A intención destes encontros é promover a reflexión sobre o patrimonio local, a pegada da emigración e da filantropía na configuración de Betanzos e a relación da sociedade con este legado.

O proxecto fai parte da iniciativa Concomitentes que se desenvolve en diferentes lugares do Estado. O caso betanceiro ten a colaboración das Asociación Amigas do Parque do Pasatiempo, a ACLP Roxin Roxal e a Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos e conta coa colaboración do concello, ademais de sumar o apoio económico da Fundación Daniel y Nina Carasso.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Arte para reparar o patrimonio

Arte para reparar o patrimonio

O proxecto Legado Coidado explora as posibilidades da participación colectiva combinada coa creación contemporánea

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Betanzos, Cristina Sánchez, Antropoloxía, Exposicións...