O Concello de Pontevedra e a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) presentaban onte na Cidade do Lérez a XXI edición do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. O encontro, que se desenvolverá entre os vindeiros 6 e 27 de Marzo de 2020, contará con Italia como paÃs convidado e terá o humor como eixe. Segundo explica o web do evento este "foi o tema seleccionado para esta edición número 21, despois dunha intensa e intensiva consulta a centros de ensino, persoas colaboradoras, pais, nais, crianzas... O HUMOR como actitude positiva, esperanzada, crÃtica e, sobre todo, intelixente cara á vida. Humo subtil, enxeñoso, ás veces macabro, negro,humor inocente, humor retranqueiro, atrevido, belixerante, combativo, humor gráfico, poético, lÃrico, metafÃsico, literario, literal e figurado...".
A coincidir coa presentación anunciouse a III Convocatoria do Premio Internacional de Ilustración coa que se seleccionará o cartel do vindeiro Salón. As persoas interesadas en participar poden enviar os seus traballos ata o vindeiro catorce de outubro para optar ao premio de 3.000 euros.