O Arquivo dixital Valle Inclán da USC recibe o premio de Humanidades Digitales Hispánicas

Reúne xa 4.500 documentos sobre o autor

O Arquivo Dixital Valle Inclán da Universidade de Santiago de Compostela, promovido polo grupo de investigación Valle-Inclán USC /GIVIU, recibiu o Premio de Humanidades Digitales Hispánicas na súa categoría de "Mejor herramienta, recurso, infraestructura de 2018". No premio valóranse proxectos de todo o mundo no ámbito da cultura hispánica. O xurado valorou o investimento en recursos humanos e materiais, o traballo coordinado dos equipos e a "excelente recepción" do proxecto. "Cumpre o obxecto de devolver á sociedade o traballo realizado con fondos públicos", sinala tamén o xurado. O Arquivo Dixital Valle Inclán recolle o corpus impreso do autor anterior a 1936 e reúne 80.000 imaxes dixitalizadas en 4.500 documentos.