Charo López Sanchez gaña o XXXV Premio de Poesía Cidade de Ourense

Concorreron ao certame 49 autores e autoras de Galicia e Portugal

María del Rosario López Sanchez é a gañadora do XXXV Premio de Poesía Cidade de Ourense. O xurado seleccionou o seu poemario entre os presentados por un total de 49 participantes provintes de Galicia e de Portugal. Baixo o título Álbum, Charo López Sánchez presentou un poemario do cal o xurado destacou a súa claridade nítida. "A obra -subliñou o xurado- ofrece unha estética clara e coherente onde na súa lectura, un vaise imaxinando as imaxes que recrea". En canto os temas tratados, salientan "o autocuestionamento moi sincero da propia vida e da ética". O premio ten unha dotación económica de 6.000 euros e a publicación do libro. Charo López Sánchez gañou en 2015 o XVº Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño.