Vinte poetas e arredor de trinta cantigas da lírica medieval galego-portuguesa son a base inicial sobre a que se sustenta o Roteiro Virtual da Lírica Medieval da cidade de Santiago. A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou hoxe este proxecto que xa está dispoñible nunha páxina web de seu que é parte dunha proposta froito de investigacións de anos do Grupo GRAALL (GI1353) da Universidade de Santiago de Compostela. O roteiro preséntase de xeito pioneiro e precursor sobre un mapa artístico obra de María Meijide, que amosa as localizacións seleccionadas, xa sexa pola súa mención nalgunha cantiga como pola relación biográfica cos poetas. Os investigadores Isabel Morán e José António Souto Cabo, da USC, coincidiron en afirmar a singularidade que ten Santiago de Compostela dentro do corpus da lírica galego-portuguesa dos séculos XII a XIV, ao ser a cidade (coa súa área) que a máis poetas está vencellada e da que máis referencias toponímicas aparecen, igual que a mención ao propio apóstolo.
Ademais dos dous investigadores da USC e a artista gráfica, tamén tomou parte nesta presentación Yara Frateschi Vieira, da Universidade de Campinhas, São Paulo, coautora con eles de dous libros sobre este mesmo tema de onde partiu este proxecto. Na web se presenta, alén do propio mapa, información de contexto sobre os poetas e as súas biografías, fotografías dos orixinais e textos das cantigas e vídeos que buscan destacar aspectos pouco coñecidos do patrimonio mencionado e das localizacións. A web preséntase como un proxecto sometido a actualización periódica relacionado cos avances investigadores e, segundo a profesora Frateschi, no futuro contémplase como unha posibilidade incluír as interpretacións musicais das cantigas. O Roteiro Virtual da Lírica Medieval de Santiago de Compostela ofrécese como ferramenta para especialistas pero tamén ao alcance de calquera público interesado en coñecer turística mente e culturalmente a cidade e a súa contorna desde unha perspectiva histórico-literaria. Actualmente só está dispoñible en galego pero se irán engadindo traducións ao portugués, castelán e inglés.