Quiosco: Xistral número 21

Presenta poemas de 77 creadores

Presenta poemas de 77 creadores
Número 21 de Xistral
O 28 de marzo presentouse o número 21 da revista Xistral, Revista Lucense de Creación Poética. A revista, fundada por Manuel María en 1949, foi recuperada no ano 2000 co patrocinio editorial do Concello de Lugo. O novo número de Xistral presenta traballos de 77 poetas e uns 150 poemas, acompañadas de ilustracións de Christian Villamide.