Xosé Antonio Neira Cruz fíxose co Premio de Narración Curta Ánxel Fole

O seu traballo Veleno de tinta imprensa reportaralle 4.000 euros

O Concello de Lugo daba a coñecer esta semana o fallo do XXI Certame de Narración Curta Ánxel Fole, que foi para Xosé Antonio Neira Cruz polo seu relato Veleno de tinta imprensa. O xurado, presidido pola concelleira de Cultura Carmen Basadre, estivo composto pola artista Luz Darriba,o gañador da anterior edición Xosé Cid e mais Manuel Bragado, editor e crítico. O gañador leva un premio en metálico de 4.000 euros e verá o seu traballo publicado da man de Edicións Xerais.