O festival internacional Pontepoética celebra a súa novena edición

Manuel Vilas, Valter Hugo Mâe, Jan Wagner, Antònia Vicens, Baldo Ramos ou Pilar Pallarés participan no encontro

Unha proxección do documental Vértice de versos na Casa das Campás de Pontevedra abre esta tarde a novena edición de PontePoética. O festival internacional de poesía da Cidade do Lérez reserva o groso das súas actividades para a fin de semana. Así, a partir do venres, desenvolveranse recitais individuuais e colectivos de Manuel Vilas, Valter Hugo Mâe, Jan Wagner, Antònia Vicens, Castillo Suárez, Baldo Ramos, Pilar Pillarés, Ismael Ramos e Silvia Penas en lugares como as ruínas de Santo Domingo e o Teatro Principal. Un obradoiro de narrativa don Manuel Vilas e o espectáculo poético-musical de Cintaadhesiva completan a proposta. Segundo adianta Yolanda Castaño, directora do evento, os convidados inclúen "un Premio Nacional de Poesía, as galardoadas co Premio da Crítica en galego e en catalán, o autor máis carismático das letras portuguesas actuais ou o fenómeno editorial da literatura española".

Programa completo de Pontepoética 9.