Galaxia reedita textos etnográficos de Fraguas en Do tempo e dos astros

Recolle unha conferencia e un artigo de diferentes épocas do autor

Recolle unha conferencia e un artigo de diferentes épocas do autor
Cuberta do libro
A editorial Galaxia vén de editar Do tempo e dos astros, un volume que recolle dous traballos de Antonio Fraguas de épocas ben distintas. "O culto aos mortos" foi publicado orixinalmente en 1931, e inicialmente pronunciado como conferencia en Vigo nese mesmo ano. A segunda, "Preocupación polo tempo e os astros na crenza popular", foi un artigo publicado en 1975 no Tomo V do Boletín Auriense. Galaxia reúne os dous textos co gallo do Día das Letras Galegas 2019 dedicado ao autor.