A Casa do Cabido de Santiago de Compostela, na Praza de Praterías, ven de abrir exposición patrocinada polo Consorcio de Santiago Tres anos de Compostela Ilustrada. Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe, unha iniciativa que arrancaba no ano 2016 baixo a dirección do ilustrador Miguelanxo Prado. A mostra aglutina un centenar de obras de 32 artistas procedentes de diferentes puntos de España, Portugal, Francia e Xapón. É a primeira vez que se expoñen os traballos destes encontros internacionais. Nesta mostra preséntase un breve resumo do traballo realizado durante estes tres anos de vixencia do certame -2016, 2017 e 2018- polos artistas convidados, tanto figuras recoñecidas como valores en alza, e polos participantes no mesmo. É o caso de nomes como Javier Mariscal, Miguelanxo Prado, os franceses Catel Muller e Lapin, Fausto, Maru Godas, Inma Serrano, Celia Burgos, Joaquín González Dorao, Isabell Seidel, Ana Luisa Frazão, Mr. Zé, Nanda Cabaleiro ou o xaponés Ikeda Munehiro, entre outros moitos. A exposición permanecerá na Casa do Cabido ata o día 9 do vindeiro mes de xaneiro.
O papel de referencia da capital galega no eido da arte gráfica da ilustración tamén se viu reflectido esta semana co acto de entrega do XI Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados, convocado pola Concellaría de Educación e Cidadanía en colaboración coa editorial Kalandraka. O alcalde, Martiño Noriega, entregou o galardón a Fran Pintadera e Christian Inaraja, escritor e ilustrador de Cándido y los demás. Da obra gañadora, o xurado destacou "o seu estilo actual, directo e coherente; e a súa riqueza gráfica". En canto á súa temática, a obra de Fran Pintadera e Christian Inaraja "fala de que todos e todas somos diferentes, da mirada dun mesmo cara os demais, e dos demais cara un mesmo". O Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados vénse organizando dende o ano 2001, co obxectivo de fomentar este xénero literario e artístico e proxectar internacionalmente o nome da cidade. É, ademais, un dos concursos internacionais con maior dotación económica no seu ámbito de especialización, con 9.000 euros en concepto de adianto polos dereitos de autor. A editorial Kalandraka publica a obra gañadora nas cinco linguas oficiais da península (galego, castelán, catalán, éuscaro e portugués), así como en inglés.