Os premios Xerais volveron á súa cita anual coa literatura galega este sábado pasado. E non defraudaron. Emma Pedreira fÃxose co Xerais de novela coa obra Besta do seu sangue, Héctor Cajaraville obtivo o Premio MerlÃn de Literatura Infantil con Kusuma e Carlos Negro do Jules Verne de Literatura Infantil con Aplicación instantánea. Os tres premios están dotados con 10.000 euros respectivamente. A tradicional festa de entrega dos premios realizarase en outubro, cando estean editados.
Unha novela inspirada na figura de Romasanta
O xurado valorou en Besta do seu sangue, a novela de emma Pedreira, "o uso dunha linguaxe poética e a transparencia que repousa na transmisión dunha atmósfera de descaougo e angustia ao abordar, con orixinalidade, unha historia inspirada na figura de Blanco Romasanta, co fondo dunha revisión xenérica de figuras da mitoloxÃa galega". Segundo Emma Pedreira, quen ten unha dilatada traxectoria como poeta pero que foi galardoada co Premio da CrÃtica de narrativa galega 2018 por Bibliópatas e fobólogos, gañar o Xerais foi chegar a "un lugar que pintaba inexpugnable para min durante todos estes anos en que me trataba de ti a ti coa poesÃa e de vostede coa narrativa". Sobre Besta do seu sangue, Pedreira sinalou que é unha novela "pequena pero profunda e escura como un pozo", e que "trata de debuxar coa ficción os lugares que deixa a realidade que se perdeu entre as liñas e os silencios. Darlle voz a unha personaxe cruel e tratar de comprender o seu momento, sen desculparlle a conduta e os feitos, sen tratar de producir compaixón, só un achegamento, é unha responsabilidade".
Unha fábula sobre a inmigración
O xornalista Héctor Cajaraville fÃxose co XXXIIIª Premio MerlÃn de Literatura Infantil coa obra Kusuma, unha "fábula ecoloxista" que narra a historia dunha faisán asiática obrigada a fuxir "da agresividade do mundo industrializado, que critica tamén o rexeitamento das poboacións inmigrantes". Segundo o xurado, "é unha historia de superación, de amizade e de aventuras". Cajaraville expresou a súa satisfacción por gañar o MerlÃn nun momento "no que a literatura infantil e xuvenil galega vive un perÃodo de esplendor como nunca vivira", un "momento de eclosión xerado por unha literatura como a galega, tan pequena en dimensión pero tan grande en calidade".
Aplicación instantánea
O poeta Carlos Negro foi o gañador do Xª edición do Premio Jules Verne de Literatura Infantil coa obra Aplicación instantánea, que segundo o xurado "procura consciente a complicidade dunha lectora activa na construción dun discurso potente", do que destacan a "orixinalidade, a calidade literaria, a forza da linguaxe e a súa riqueza, a posta en valor da figura feminina e o seu empoderamento, asà como da cultura e lingua galegas". Para Negro, esta obra "posta por unha poesÃa mutante e transformadora que nace dos espazos de socialización da mocidade, convertendo as redes sociais e as aplicacións móbiles nun campo de xogo da linguaxe literaria".