O luns desta semana celebrouse o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, unha data instaurada pola ONU co obxectivo de combater a fenda de xénero na ciencia, a tecnoloxía, as enxeñarías e as matemáticas (STEM), que persiste en todo o mundo. Unha das claves para acadalo é a erradicación dos estereotipos sexistas que afastan as nenas dende idades moi temperás de carreiras como a informática ou as enxeñarías. Outra, ofrecerlles referentes nos que se mirar, precursoras e tamén mulleres da ciencia contemporánea en cuxa visibilización traballa o blog mujeresconciencia.com, unha iniciativa pioneira no Estado nada ao abeiro da Cátedra de Cultura Científica do País Vasco. Conversamos coa responsable da bitácora, a profesora Marta Macho Stadler, sobre estes aspectos, sen esquecer tampouco os obstáculos que atopan as mulleres que apostan polo camiño da investigación.
Marta Macho Stadler, profesora de Matemáticas da Universidade do País Vasco, está á fronte de mujeresconciencia.com desde a súa creación en 2014, un recuncho en Internet no que descubrirmos que non todo foi inventado ou descuberto polos homes, por moito que o xeito de contármonos a historia adoite esquecelo. Tabitha Babbit (1779-1853), inventora da serra circular; Ada Lovelace (1815-1852), autora do primeiro algoritmo informático; Martha Coston (1826-1904), nai das bengalas de sinais marítimos; ou Stephanie Kwolek (1923-2014), inventora das fibras kevlar, empregadas nos chalecos antibalas, son só unha pequena mostra das mulleres con ciencia que reivindica este blog. A súa autora participou como conferenciante convidada na II Xornada de Mulleres na Ciencia organizada pola Universidade de Santiago de Compostela e a Asociación de Mulleres Investigadores e Tecnólogas Galicia.
Con que propósito naceu mujeresconciencia.com? Ata que punto é importante que o fixese co aval dunha cátedra universitaria?
Desde a primeira entrada, publicada en maio de 2014, apostouse por visibilizar as pioneiras da ciencia e tamén toda a ciencia que están a facer hoxe en día as mulleres, con contidos diversos e creados de xeito colaborativo: biografías, entradas sobre libros, propostas didácticas, vídeos de conferencias... A idea foi do responsable da Cátedra de Cultura Científica da Universidade do País Vasco, que ten moitísima actividade. Contactou comigo para preguntarme se cría que había contido suficiente para elaborar un blog específico sobre muller e ciencia, e a min pareceume unha oportunidade moi boa. O feito de que se promova deste unha cátedra universitaria é importantísimo, dálle unha relevancia que non tería se o fixese eu pola miña conta e permite chegar mellor a persoas que quizais receen dos temas de xénero.
Marta Macho. Foto: Mikel Mtz. de Trespuentes. UPV/EHU
Pode parecernos obvia a necesidade de visibilizar as achegas das mulleres para rachar cos estereotipos que as afastan de certas disciplinas e o teito de cristal, pero é tamén habitual escoitar que as cousas xa van por bo camiño e que o tempo cura todo. Porén, en ramas como a das enxeñarías e arquitectura as mozas seguen a ser pouquísimas (en Galicia só o 28,1 % do alumnado en 2016, cinco puntos menos ca quince anos antes) e, malia seren as mulleres maioría globalmente nas aulas universitarias españolas desde finais dos anos 80, segue habendo infrarrepresentación feminina nos postos de maior prestixio como as cátedras.
Para acadar a equidade é preciso non só que pase o tempo, senón axudar a que se produza de diversas maneiras. Unha delas son as accións positivas, medidas políticas que axuden as mulleres de ciencia, por exemplo, a liderar equipos. E se queremos que haxa máis vocacións científicas entre nenas e mozas, é preciso ofrecerlles referentes e rachar estereotipos. Un dos motivos que se sinala para explicar que a informática sexa unha das disciplinas con menos mulleres é a imaxe que se vende dela, un mundo de friquis que acoden a maratóns informáticos, que pode ser atractivo para os rapaces pero non para as rapazas. Os estereotipos espantan moitas mulleres pero non ter ningún referente tamén asusta. Se toda a información que recibes cando che falan de ciencia no colexio, nos libros de texto, na prensa... está protagonizada por homes, é fácil que acabes decidindo dedicarte a outra cousa.
Os clixés de xénero tamén funcionan de maneira perversa sobre percepción social e a autopercepción da capacidade das mulleres. Hoxe poucos se atreverían a dicir en público que elas son menos intelixentes cós homes, como sostiña a ciencia aínda no s. XIX, pero perdura a idea de que a brillantez é unha calidade máis masculina, como chegou a dicir Larry Summer en 2005, sendo reitor da Universidade de Harvard, para explicar a menor presenza feminina nos postos de liderado científico.
Así é, e esa autopercepción aparece dende idades moi temperás, como demostra un estudo moi interesante publicado en 2017 en Science. Con só seis anos, as nenas xa cren que son menos brillantes cós nenos, os estereotipos de xénero sobre a habilidade intelectual emerxen desde moi cedo e inflúen nos intereses de cativos e cativas, limitando así as expectativas desde a infancia. Ninguén parece poñer en dúbida que as nenas son traballadoras, mentres que aos pequenos se lles incentiva de mil maneiras que axudan a desenvolver capacidades. Nos experimentos realizados dentro desta investigación, elas inclinábanse menos polos xogos "para intelixentes" pero non se botaban atrás ante actividades "para traballadores". E isto como afecta de cara á ciencia? As mulleres son menos propensas a cursar carreiras en campos que, segundo a crenza establecida, requiren brillantez intelectual, unha idea que funciona moito no eido do que estamos a falar. Hai que desbotar a idea de que de os científicos son uns xenios, non é verdade. Haberá persoas xeniais en ciencia, pero o 99 % das que a fan son normais, xente que traballa duro e en equipo e que obteñen resultados por iso, como en moitas outras disciplinas. Cando se vexa a ciencia e as persoas que fan ciencia dunha maneira máis próxima, creo que teremos o camiño moito máis aberto, porque a idea de que todos os científicos son xeniais fixo moito dano ás mulleres e ao seu acceso á ciencia.
Á vista do apuntado neste estudo, se queremos máis mulleres nas STEM é indispensable actuármonos desde ben cedo.
Así é. E actuar non significa obrigar a que as nenas estuden ciencias, senón, insisto, reverter o bombardeo de estereotipos que recibimos todas e todos, nesgos adquiridos desde a infancia que provocan que a liberdade de escolla non exista.
Continuando coa imaxe que prevalece sobre as persoas que se dedican á ciencia, chama moito a atención outro estudo que mencionou na súa conferencia en Santiago de Compostela, o que conclúe que o estereotipo ciencia-hombre prevalece en todo o mundo e que é especialmente intenso nalgúns países que se consideran na vangarda, como Holanda, Dinamarca ou Noruega.
Si, no norte de Europa o estereotipo ciencia-home está máis marcado e hai menos mulleres que se dedican á ciencia ca no sur. Hai poucas e tamén é fácil que abandonen máis porque neste países moi avanzados socialmente prodúcese un efecto contraproducente da incentivación das baixas maternais longas e os contratos a tempo parcial para o coidado dos fillos. Segundo me teñen comentado investigadoras españolas que tiveron fillos nestes países, incluso está mal visto socialmente que non se desfrute destas medidas, pero é que en ciencia non podes estar a tempo parcial: ou estás ou non estás.
Outros estudos demostran que, malia a pretendida neutralidade científica, nesta profesión operan os mesmos negos ca noutros campos profesionais. Vostede pon como exemplo o de Jennifer e John, no que tanto mulleres coma homes de ciencia, de maneira inconsciente, valoraron peor un mesmo currículo cando este levaba un nome feminino en lugar dun masculino.
Claro que os científicos teñen nesgos de xénero, porque son seres humanos cargados cos seus estereotipos, a súa educación, os seus problemas e complexos. Hai unha morea de exemplos de avaliadores de artigos de investigación que non poden evitar xulgar un traballo dun xeito diferente se o asina unha muller, e o mesmo pasa cando hai que contratar unha persoa. Temos que ser conscientes de que nos pasa iso, non pensar que por dedicarnos á ciencia sempre somos racionais. Outra cuestión é como eses nesgos afectan á interpretación dos datos nunha investigación, que moitas veces pode depender das túas propias ideas. Un exemplo interesante é o da arqueoloxía de xénero. Moitos científicos, a partir de restos arqueolóxicos, interpretaron o que ocorría na prehistoria cos nesgos actuais, baseados no xeito en que temos organizada a sociedade hoxe en día. As persoas que están facendo arqueoloxía de xénero intentan dar unha visión diferente.
Hoxe estamos a falar destes problemas que noutros tempos non se visibilizaban como tales. O blog mujeresconciencia.com é proba diso, igual que a posta en marcha do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia e outras iniciativas na mesma dirección. Estase tecendo unha rede de empoderamento feminino na ciencia?
Penso que si, polo menos se está a falar do tema e están confluíndo moitas actividades e propostas, como a celebración do 11 de febreiro, que axudan a que esta rede medre. Ademais é un momento en que non se fala só de muller e ciencia, senón que se está comezando a denunciar moitas situación sexistas en moitos ámbitos.

"Cando se vexa a ciencia e as persoas que fan ciencia dunha maneira máis próxima, teremos o camiño moito máis aberto. A idea de que todos os científicos son xeniais fixo moito dano"

"Claro que os científicos teñen nesgos de xénero. Hai unha morea de exemplos de avaliadores que non poden evitar xulgar un traballo dun xeito diferente se o asina unha muller, e o mesmo pasa na contratación"