Para alén do festival Olloboi, que cada ano reúne o mellor da produción audiovisual escolar galega, existen no noso país moitas outras iniciativas que apostan por achegar este mundo ás aulas. Certames como o Ouff Escola, integrado no Festival Internacional de Cinema de Ourense, ou Nós tamén creamos; proxectos formativos como o intenso Cinema en Curso e diferentes obradoiros acompañan apostas particulares de centros como o IES As Barxas para compor un ecosistema efervescente de creación.
En moitos casos a aposta por integrar as cámaras no traballo das aulas do país parte do empeño de profesores e profesoras comprometidos que lle dedican horas a este labor. É o caso de Manolo González, que leva anos a apostar pola sétima arte no seu traballo no IES Concepción Arenal de Ferrol con iniciativas como Artistas de 1ª. Ou de David Pérez, que compilou no portal Audiovisual Escolar Galego a produción deste tipo realizada no país. Nos últimos anos, destaca de xeito particular o traballo que se está desenvolver no IES As Barxas, en Moaña. Segundo lembra Ana Moreiras, unha das coordinadoras do festival Olloboi, "ten a súa propia produtora. Desde a materia de música, fan videoclips sempre comprometidos, este ano traballaron as relacións homosexuais entre mulleres. En plástica traballan con animación timelapse, proban novas técnicas e fan auténticas virgalladas, sempre coidando o contido. Tamén teñen unha liña de ficción e mesmo colaboran con institutos de fóra".
Reportaxe sobre Artistas de 1ª
Reportaxe sobre o portal Audiovisual Escolar Galego
O instituto de exemplo
As Barxas, que leva publicados na rede preto de 200 vídeos, recibiu polo seu labor premios estatais como o de Innovación Educativa SIMO Educación 2016, o Transformando Realidades 2016, ou Premio do Ministerio de Educación CreArte 2011 entre outros. Precisamente este 22 de xuño o centro celebra ao seu propio festival audiovisual, no que repasa a produción desenvolvida durante o curso. Luz Beloso, profesora de plástica e responsable da aposta audiovisual do Instituto salienta que esta orientación naceu "do propio interese dos alumnos. Cando eu cheguei aquí, sobre 2008, tiña só 8 alumnos en Plástica". A tentativa por mellorar a dinámica do grupo e por facer a materia atractiva foi o impulso inicial que levou a esta profesora a tentar desenvolver unha mediometraxe que chegou aos 50 minutos e na que os alumnos traballaron a partir "dun filme do Clube dos 5 que traduciron, guionizaron e adaptaron". O bo resultado da experiencia, con estudantes motivados que chegaron a crear a raíz do proxecto amizades duradeiras, animou a Beloso a continuar por esta vía. "No seguinte ano xa tiña unha clase completa de trinta alumnos que querían facer os seus proxectos". Malia a que desde entón é Beloso e a súa materia de Plástica quen vehiculan a experiencia, na actualidade todo o centro se implica na aposta audiovisual. "Cada curso eu propoño un tema, e sobre el os rapaces fan todo, o guión, a rodaxe, a montaxe ou a produción. É un proxecto moi completo, trabállase ilustración, story-boards, gravación, e ata os carteis do festival. Aínda hai pouco conseguiron un barco para rodar, que eu non pensei que o acadasen con tanta facilidade como fixeron". No pasado curso "o tema foi "Superheroes e superheroínas", e tratamos historias de xente que o pasa mal, ten que loitar por algo ou se esforzar máis ca outros", neste último ano o tema central é a arte como elemento transformador da realidade.
Ademais dos proxectos propios de Plástica, o instituto desenvolve tamén o proxecto anual A Muller Lamprea, con guión de Iria Collazo, fai tamén producións co departamento de Normalización Lingüística e conta desde o pasado ano cunha materia de Animación en Bacharelato. A maiores, departamentos de Lingua e de Galego colaboran na iniciativa coa corrección de guións, mentres Economía ou Filosofía achegan tamén as súas perspectivas. "Participan os rapaces, os avós, os irmáns, toda a comunidade escolar. Mesmo para tratar determinados temas como o autismo e a anorexia solicitamos axuda a diferentes especialistas fóra do centro". A colaboración transcende o ámbito escolar. "Gravamos en supermercados ou farmacias, e vemos que todo é colaboración e entusiasmo". E é que, para mais, o IES desenvolve este programa a partir de recursos propios. "Temos unhas cámaras de fotografías e uns ordenadores para montar. E todo conseguido grazas a premios que reinvestimos en ter máis equipamento", explica esta profesora.
Unha das canles de traballos audiovisuais do IES As Barxas
Ouff Escola
Non todo son francotiradores no mundo do audiovisual nas aulas. Para alén do certame Olloboi, existen propostas como o Ouff Escola, sección do Festival Internacional de Cinema de Ourense orientado a este sector. A sétima edición do evento reuniu o pasado mes de novembro 119 pezas realizadas por 3.404 estudantes de todo o país. "Consegue unha participación importante, aínda que algúns profesores que fomos pareceunos que resulta moi institucional. Para nós é algo fundamental que se proxecten os traballos premiados. Cómpre que os alumnos vexan o que fixeron uns e outros, emociónanse", explica Ana Moreiras desde o Olloboi. En total, foron 2.600 en premios os que se repartiron na última xeira desta iniciativa que conta co apoio da Concellaría de Cultura de Ourense e mais a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Gañadores do Ouff Escola 2016
Cinema en Curso
Cinema en Curso é outro dos polos da presenza da sétima arte no ensino en Galicia. Trátase dun proxecto internacional ao que se sumou a Xunta de Galicia e que achega cada ano a cinco centros do país un intenso programa formativo audiovisual desde o curso 2013-2104. Obradoiros con profesionais do sector, formación para profesores, visitas ou blogs sobre o proceso de elaboración de filmes fan parte dunha iniciativa que chegou xa a 17 centros desde a súa posta en marcha, ningún deles situados nas cidades do país. Precisamente a pasada semana presentábanse os traballos do CEIP de Tenorio de Cotobade, o CEIP Camiño Inglés de Oroso, o IES de Poio, o CEIP A Rúa de Cangas e o IES Milladoiro de Ames, cuxos alumnos participaron na última xeira do programa. Nesta ocasión foron Miguel Mariño, Marcos Flórez e Ángel Santos os directores que colaboraron con docentes e estudantes. "É unha proposta moi interesante, unha experiencia marabillosa" apunta Moreiras desde Olloboi . Pero pensamos que ten o problema de ser moi limitado, xa que só chega a cinco centros e iso non é abondo para divulgar o emprego do audiovisual nas aulas. É certo que resulta difícil de integrar en moitos centros porque supón moito traballo en equipo, e poida que os propios profesores non esteamos aínda abondo concienciados no traballo por proxectos. Estas propostas supoñen moitas horas e moita burocracia por parte do profesorado e non sempre son moi facilitados polos centros", lembra Moreiras.
Traballos de Cinema en curso 2016-2017
Animación
A estas propostas súmase o certame de animación Nós tamén creamos que convoca a Consellaría de Cultura en colaboración coa CRTVG e OQOeditora. O proxecto, segundo explica a propia Consellaría, "mediante a elaboración de curtas de animación en galego coa técnica stop-motion que adaptan narracións literarias, búscase favorecer a innovación educativa para promover xeitos cada vez máis efectivos de aprendizaxe de linguas; conseguir unha relación positiva dos rapaces co idioma propio de Galicia, ao relacionalo co audiovisual e coas TIC; abrir unha nova oportunidade para que as nenas e nenos se acheguen á lectura en galego; fomentar a creatividade en lingua galega e difundir as posibilidades de ocio en galego que ofrece a TVG". Na súa última edición, que se fallou este mesmo mes de xuño, competiron trece centros, e os vencedores foron o CEIP de Santo Paio de Abaixo, de Redondela, polo traballo Que mal cheira! na modalidade de educación infantil. Na categoría de 1º e 2º de educación primaria, o centro galardoado foi o CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao de Vigo, polo filme O mundo nos ollos, mentres o compostelán CEIP Mestre Rodríguez Xixirei fíxose co premio na categoría de 3º e 4º de primaria pola curtametraxe A guerra dos números.
Traballos premiados no Nós tamén creamos do curso 2016-2017
EpDLab
Non son estas as únicas iniciativas que poñen cámaras nas mans dos estudantes do país. Propostas como EpDLab, que coordinou Gingko Audiovisual e a Asociación de Reporteiros Solidarios ao longo do curso 2015-2016, achegan tamén estes xeitos de narrar aos máis novos. A iniciativa coordinou cinco centros galegos e dous de El Salvador para "publicar contidos ao redor da igualdade de dereitos, da participación responsable e da xustiza social". Filmes, memes, gifs, microvídeos ou dobraxes mesturábanse parara desenvolver "accións innovadoras cara á comunicación inclusiva, o desenvolvemento social e á denuncia da desigualdade". Coma eles, diferentes obradoiros e iniciativas escolares forman este público nas habilidades necesarias para se achegar o audiovisual.
EpDLab: Resumo
EpDLab: Videocartas
Situación xeral
Malia as importantes cifras de participación que conseguen estas iniciativas, os organizadores de Olloboi lamentan que "aínda que hai moito percorrido, non son tanta xente nin centros os que se meten a fondo. Hai institutos que repiten todos os anos cun lote de producións, e aos poucos vanse contaxiando outros. Penso que os centros están a ver esta posibilidade e comezan a ver que se abren portas por diferentes camiños". Desde As Barxas, Beloso apunta que "eu vexo ben a situación do audiovisual escolar. Acabamos de vir do Olloboi e desde logo todas as curtas seleccionadas teñen unha calidade que podería ser profesional, hai moito traballo detrás". No entanto recoñece que "non se apoia como se debería. Son cousas que fan profesores de xeito desinteresado e isto debería se financiar. Cómpre traballar o audiovisual e no só a nivel creativo, senón tamén a valorar e analizar o traballo de cineastas. Estamos nun mundo audiovisual, os rapaces ven máis vídeos do que len libros, e non temos unha educación para estes consumidores. Non se ten en conta este analfabetismo audiovisual e debería traballarse". Nesta liña, a propia profesora fai parte do proxecto Emotion, unha proposta colaborativa na que oitenta profesores da Península comparten as súas experiencias no campo . "É un exemplo do que se pode facer, profesores a colaborar e a aprender uns dos outros, sen necesidade de cursos e a amosar o que se das aulas". A exploración de fórmulas continúa aberta.