O festival Noroeste Estrella Galicia da Coruña non para de crecer

A edición deste ano aumenta o número de artistas, de espazos e de horarios

15/5/2017 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: MúsicaEspectáculosPolíticas Culturais
9 lecturas | Compartido 0 veces

Se a edición do ano pasado xa supuxera un cambio importante na concepción deste festival converténdoo nunha das grandes citas musicais do verán, a progresión non para e este ano promete novidades que o fan crecer en todas as direccións. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, deu a coñecer esta mañá as liñas mestras da edición número 31 no Noroeste Estrella Galicia que se desenvolverá en 15 espazos distintos da cidade e contará con 200 horas de música e máis de 90 bandas, entre o 8 e o 13 de agosto. O Noroeste terá dúas novas liñas de programación nas mañás coas Matinais e de madrugada co Nororeste +. As comparacións coas anteriores edicións xa deixan ver a clara progresión do evento. A edición do Noroeste de 2014, contou con 8 bandas situadas en tan só un escenario da cidade (a praia). En 2015, pasouse a 31 bandas en 4 escenarios, relación que medrou ata 60 actuacións e 9 escenarios en 2016. O número de horas tamén crece significativamente con esas 200 que se ofrecen para este ano fronte ás 100 horas rexistradas o pasado, as 38 horas de 2015 e as 10 horas de 2014. Ademais o festival suma hoxe ao seu cartel 19 nomes novos de bandas.
A organización ven de confirmar tamén a presenza de Surfin Bichos e New Day, o novo proxecto dos ex integrantes de Dover, que se sumará a nomes da talla dos Kaiser Chiefs, Los Mambo Jambo, Aviador Dro, Prexton, New York Ska-Jazz Ensemble, ALA.NI, Lula Pena, Rosalía & Raül Refree ou os chineses Rolling Bowling ademais dos rockeiros coruñeses Ánima, gañadores da pasada edición do concurso de maquetas de Cuac FM. Nas sesións Matinais o Festival Noroeste Estrella Galicia ofrecerá a actuación de 18 bandas e artistas nalgunhas das prazas máis emblemáticas da cidade en horario de mediodía. Nestás sesións vermú actuarán bandas das escenas musicais galega e española como Alien Tango, Atrás Tigre, Bala, Bifannah, Calero, Druso, Espiño, Futuro Terror, Les Sueques, Los Begala, Malandrómeda, Puma Pumku, Salto, Sen Senra, Seward, Terrier, Tórtel ou Wild Honey, seleccionados pola asociación cultural sen ánimo de lucro Desconcierto Cultural. Se así comezarán os días do festival o remate terá lugar de madrugada, ao remate dos concertos, 15 locais nocturnos da cidade acollerán a DJs residentes e visitantes ofrecendo sesións de todo tipo de xéneros musicais. Este programa nocturno faise organizado da man da asociación de salas e locais de música en directo de Galicia Clubcultura.

Festivais de Música

Ver serie completa
14/06/2018

Dez festivais de verán entran na posta en marcha da marca Fest Galicia

O programa da Xunta busca crear un selo de calidade profesional nos festivais do territorio

31/05/2018

Agadic crea un programa de marca conxunta e impulso para os festivais de música

Fest Galicia está pensado para apoiar ao sector profesional da produción destes eventos

28/05/2018

Desaparece o Festival V de Valarés de Ponteceso

As presións medioambientais e outras trabas sepultan o evento que celebraría este ano a súa XIIª edición

01/03/2018

O Son do Camiño esgota 20.000 abonos en dúas horas

As vendas virtuais para o festival desbordáronse mentres os prezos ían crecendo

27/02/2018

O patrocinio de O Son do Camiño levanta protestas

A asociación de empresas musicais e os partidos da oposición reclaman máis transparencia

20/02/2018

Seis festivais galegos son finalistas nos Iberian Festival Awards

O XIIº Resurrection Fest de Viveiro acada oito candidaturas

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Protagonistas
Conceptos