Un dos escenarios máis singulares do Festival Noroeste Estrella Galicia ten xa pechado o seu cartel de actuacións para esta 32º edición. O Castelo de Santo Antón mecerase co son de dúas solistas e un dúo de artistas que representan tres xeracións en estilos tan ricos e dispares como o fado, o flamenco ou a canción de autor. Elas son a cantaora RocÃo Márquez, a vocalista de fados Dona Rosa e o dúo de folk hipnótico Maria Arnal i Marcel Bagés. A organización ven de confirmar este nomes para ese escenario do festival urbano pero tamén engade na súa crecente oferta outros non menos importantes, todos eles de mulleres ou de bandas con presenza feminina. É o caso da viguesa BFlecha, destacada na música electrónica no 2017 co seu último disco Kwalia, ou da banda The Lákazans, recentemente gañadora do premio MartÃn Códax polo seu álbum Sandwina, dedicado ao empoderamento feminino. A cantautora coruñesa Bea a de Estrella tamén estará no festival presentando o seu primeiro traballo discográfico, Mar de fóra, inspirado na homónima praia de Fisterra (A Coruña). O cartel desta edición, que chegará a contar con ata 100 referencias musicais, suma tamén as actuacións de Carla Green & The Demons, Wondermind, Glitchgirl e The Big Lis Gumbo Band coas que xa son quince as referencias confirmadas contando coas primeiras de Ana Curra, Christina Rosenvinge, Group A e Mordem. Do 7 ao 12 de agosto as prazas, rúas e museos da cidade inundaranse dos sons máis arriscados e eclécticos con acento galego e con marcada visibilidade de muller na música a través da selección artÃstica do festival promovido polo Concello coruñés.
Novas confirmación chegaron esta seman tamén ao festival Armadiña Rock de Combarro. Balkan Paradise Orchestra, fanfarria femenina de música balcánica ven de engadirse ao seu cartel. Tamén estará a banda de punk-rock masculina Terbutalina e os ourensán O Sonoro MaxÃn. Entre o 26 e 28 de agosto se celebrará na vila costeira pontevedresa de Combarro este festival que xa tiña no cartel catro propostas musicais galegas: Ses, The Lakazans, Scandalo GZ e Noite Fechada asà como na cabeza de cartel a actuación de Amparanoia.