O Noroeste segue a encher de nomes o seu cartel

Belle and Sebastian estarán en Riazor e xa hai confirmacións para o Mercado da Colleita

| Santiago. S. Montes | Seccións: Espectáculos
Compartir:
O Noroeste segue a encher de nomes o seu cartel

O cartel do Festival Noroeste Estrella Galicia, organizado polo Concello da Coruña entre o 7 e o 12 de agosto semella non ter final e os nomes seguen a sumarse na oferta do evento. Os escoceses Belle and Sebastian son os primeiros cabezas de cartel confirmados, que estarán na Praia de Riazor o venres 10 de agosto. A veterana banda de Glasgow presentan en directo seu último traballo, How To Solve Our Human Problems (2018) , editado en febreiro de 2018 e primeiro dunha triloxía de EPs. Noutros espazos e a diferentes alturas do cartel o macrofestival urbano tamén ven de incorporar outras novidades. Os sons indies máis aclamados encherán o Parque do Paseo das Pontes , onde estará un ano máis o Mercado da Colleita, durante a xornada de clausura do festival, o domingo 12 de agosto, co singular Ángel Stanich. Ali terá tamén cabida o pop de La Plata, con cancións que beben da New Wave e da música de baile dos 90. Pola súa banda, o escenario da Praza de San Nicolás será testemuña de tres voces inconfundibles: Aurora & The Betrayers, gran referente da música negra en España; o xamaicano Roy Ellis, lenda viva do reggae aos seus 72 anos. A música da cidade estará presente ademáis en San Nicolás con Escuchando Elefantes, o tándem de folk rock imprescindible da escena coruñesa. Ademais diso as novidades teamén son as doa artistas e banda gañadoras do certame Cuac FM. Nesta liña Elman, Tunduru, The Soul Breakers e LOLA foron seleccionados como gañadores do XX Concurso de Bandas e Solistas de Cuac FM e, como parte do premio, actuarán no 32º Festival Noroeste Estrella Galicia como teloneiras dos cabezas de cartel o venres 10 e o sábado 11 de agosto no escenario da Praia de Riazor.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Riazor, Cuac FM, Estrella Galicia, EPs...