Dezanove festivais de Galicia optan aos Premios Fest

Xoel, Novedades Carminha e TAB optan tamén ao mellor directo

28/9/2016 | Redacción: Santiago. S. Montes | Seccións: MúsicaEspectáculos
24 lecturas | Compartido 0 veces

PortAmérica 2016. Foto: S. Montes

Ata o 9 de outubro poderán votarse aos mellores festivais deste ano para os Premios Fest, únicos no seu xénero, que recoñecen a estes eventos musicais en diferentes categorías. En once de elas a presenza dun ou varios festivais galegos está entre as opcións presentadas nesta terceira edición dos galardóns. Ata dezanove festivais que se celebran en Galicia presentaron as súas candidaturas de entre as 155 presentadas en todo o Estado. O Atlantic Fest da Illa de Arousa acada o maior número de candidaturas, seis en total, seguido polo Resurrection Fest con cinco, o Sinsal Son con catro e o PortAmérica con tres. É na Categoría de Festivais de Pequeno Formato onde os galegos teñen máis presenza con nove candidaturas, o mesmo número delas que tamén compiten polo Premio á Mellor Campaña de Comunicación. No caso dos grandes festivais tan só o Resurrection e o Noroeste Estrella Galicia poden acceder polas súas características a esta opción reservada a aqueles festivais que cun aforo de recinto superior a 15.000 persoas por día, houbesen destacado por riba dos demais pola súa programación, produción, innovación, sostibilidade e o conxunto dos servizos ofrecidos.
A lista noutras categorías inclúe festivais como o Osa do Mar, Nordestazo, Cultura Quente, Revenidas, FIV de Vilalba, WOS ou SonRías Baixas. Cabe destacar a presenza do Festival Sinsal Son de Redondela en categorías como Festival Máis Sostible e Igualdade e diversidade de xénero. Tamén o debutante Why Not Here Festival de Foz entra nas candidaturas a festival revelación, onde está o Atlantic Fest. Ademais dos eventos en si os galardóns tamén premian outras facetas como a Mellor activación de marca á que optan Galipizza pola súa participación no Resurrection Fest, a Radio galega opta na categoría de Medios de Comunicación. Entre os posibles gañadores do Premio ao Mellor Directo nacional están Novedades Carmiha, Triángulo de Amor Bizarro e Xoel López. Os premiados serán elixidos pola combinación de público, que pode rexistrar os votos a través de premiosfest.com e de un xurado profesional composto por xornalistas especializados e representantes da Industria da Música. Os gañadores desvelaranse o 26 de outubro durante a cerimonia que terá lugar en Bilbao, no marco do congreso e festival BIME.
Ligazóns externas

Festivais de Música

Ver serie completa
14/06/2018

Dez festivais de verán entran na posta en marcha da marca Fest Galicia

O programa da Xunta busca crear un selo de calidade profesional nos festivais do territorio

31/05/2018

Agadic crea un programa de marca conxunta e impulso para os festivais de música

Fest Galicia está pensado para apoiar ao sector profesional da produción destes eventos

28/05/2018

Desaparece o Festival V de Valarés de Ponteceso

As presións medioambientais e outras trabas sepultan o evento que celebraría este ano a súa XIIª edición

01/03/2018

O Son do Camiño esgota 20.000 abonos en dúas horas

As vendas virtuais para o festival desbordáronse mentres os prezos ían crecendo

27/02/2018

O patrocinio de O Son do Camiño levanta protestas

A asociación de empresas musicais e os partidos da oposición reclaman máis transparencia

20/02/2018

Seis festivais galegos son finalistas nos Iberian Festival Awards

O XIIº Resurrection Fest de Viveiro acada oito candidaturas

Universo culturagalega.gal