Aquà presentamos un dos obxectos de Galicia 100 con maior complexidade na súa dixitalización. Debido ás súas caracterÃsticas, o reloxio que Andrés Antelo construiu para a catedral de Santiago non pode ser mudado do seu emprazamento. A dixitalización deste obxecto foi un dos desafÃos máis complexos da exposición.
Dixitalización a cargo de Patricia Mañana Borrazás, Alejandro Güimil Fariña e Pablo Aparicio Resco.
Coñece máis o reloxio co texto de Francisco DÃaz-Fierros Viqueira:
Foi construÃdo por Andrés Antelo, do Ferrol, en 1831, e polo seu deseño e acabado é un referente da reloxerÃa española. Está instalado na torre da Berenguela e dispón de catro esferas con movemento solidario dunha soa agulla en forma de seta para marcar as horas. Os toques do reloxo son cada cuarto de hora sobre unha campá pequena, e as horas tócanse sobre a Berenguela, que, polas súas dimensións, con 254 cm de diámetro de boca e 6211 kg de peso, é a cuarta máis grande de España.
Na súa construción realizouse un cálculo moi detallado das rodas e piñóns para obter un movemento cuns roces mÃnimos, e elixiuse, como sistema de escape de áncora, o tipo Graham, un dos máis exactos e fiables que existÃan naquela altura. Con este coidadoso sistema, conseguiuse un dos reloxos máis exactos de España, cun erro máximo de só algún segundos ao dÃa. Dispón dun sistema de engrenaxes diferenciais para transmitir o movemento ás catro esferas, asà como dun pequeno reloxo interior, para os axustes de tempo, que marca as horas e minutos (información facilitada polo mestre reloxeiro valenciano Joan Pedrals, restaurador do reloxo da catedral de Santiago).
Para os toques deseñouse un sistema de pancas que minimiza nunha relación de 1:10 o esforzo do mecanismo que move os martelos. Os contrapesos, que poñen en marcha a maquinaria e que colgan nos pisos inferiores, deben elevarse cunha manivela cada 24 horas. A máquina está coroada por un pequeno cofre, lembranza do sepulcro do Apóstolo, que leva na fronte as armas do arcebispo Vélez e no cumio unha estatua ecuestre de Santiago, en Clavijo. Todo o conxunto do mecanismo está montado no interior dun armario encristalado que o protexe da sucidade.
O primeiro reloxo instalado na catedral de Santiago do que se ten noticia é de finais do século XIV ou principios do XV, do que se fala nunha acta do Consello Catedralicio de 1411; non é seguro que fose, daquela, un reloxo mecánico. Outros reloxos dos que se sabe foron, por exemplo, os realizados no século XVI polo cerralleiro francés veciño de Santiago Guillén Bourse e, en 1678, polo artesán flamenco Juan van Gorpe. A campá da Berenguela, da que é copia exacta a que hoxe existe, foi fundida en 1729 por Pedro de Güemes, natural de Arnuero. A orixinal rachouse a finais do século pasado e foi substituÃda por outra, fundida en Holanda pola firma Eijsbouts, no ano 2000.
Andrés Antelo Lamas (1773-1844) achegouse á técnica aos dez anos como aprendiz de cerrallerÃa nun obradoiro dos estaleiros da Maestranza no Ferrol; ascendeu posteriormente ata o grao de tenente de fragata e mestre maior das bombas de achique de vapor dos diques e recibiu en 1811 a graduación de enxeñeiro extraordinario da Mariña. Foi un home polifacético en todos os ámbitos da técnica, que mellorou a maquinaria do Arsenal e construÃu diferentes enxeños da súa invención. Foi continuador do enxeñeiro Baleato nos talleres para a construción de pezas de precisión, que fundara anos antes seguindo modelos ingleses e nos que figuraba como unha especialidade notable a cronometrÃa.
Destacou no ámbito da reloxerÃa e, asÃ, construÃu o reloxo do mosteiro de Celanova, en 1813 o de Sobrado dos Monxes e, catro anos máis tarde, o da catedral de Lugo. No encargo que lle formulou o arcebispo Vélez en 1830, Antelo puxo todo o saber técnico que adquirira nos talleres do Arsenal ferrolán e, sobre todo, as aplicacións que realizara na construción de reloxos en importantes igrexas e catedrais galegas.
Este reloxo pode interpretarse como un sÃmbolo da proxección que tivo en Galicia o alto grao de saber técnico que se desenvolveu no Ferrol a partir do século XVIII, e no que os nomes ilustres de Baleato, Antelo ou Comerma, entre outros, foron exemplo de como a industria máis adiantada podÃa ter arraigamento neste paÃs.