Os signos distintivos dos bispos medievais eran o báculo e o anel, dúas pezas de fonda significación relixiosa que representaban moito da dimensión polÃtica e relixiosa destas figuras decisivas da nosa Historia. As do Bispo Gonzalo veñen, ademáis, investidas pola lenda do seu enfrontamento cos normandos. Na exposición Galicia 100 dixitalizámolas para que as poidas coñecer.
Reproducimos o texto do catálogo da exposición Galicia 100 elaborado por Francisco J. Pérez:
O chamado «tesouro de san Gonzalo» componse dun anel e un báculo que se supoñen noutrora pertencentes ao bispo mindoniense Gonzalo Fróilaz. O anel é a peza máis destacada, de ouro, cun cuarzo translúcido suxeito por catro cabeciñas de paxaro moi ben traballadas. O máis destacable del é a inscrición que leva: «NOLO ESSE DATUS NEQUE VENUM DATUS», que adoita traducirse por «Non quero ser doado nin vendido». Pola súa banda, o báculo é de pequeno tamaño —uns dez centÃmetros—, de bronce cicelado que, en palabras de R. Yzquierdo, «se decora con triángulos alternados e dourados que dan orixe no centro a unha especie de rombos; nos seus extremos unhas molduras dan paso ao bastón e á voluta»; esta ten forma de animal, de serpente, e remata nunha cabeza que leva unha bóla na súa boca. Anel e báculo son sÃmbolos clásicos do bispo, dos cales o primeiro representa o seu matrimonio tanto con Deus como coa súa diocese e o segundo a súa calidade de pastor dos homes e mulleres polos que coida e vela, o seu pobo diocesano.
Os obxectos foron atopados en 1648 no sarcófago de pedra situado na nave sur da igrexa de San Martiño de Mondoñedo (Foz) e retirados de alà en 1914. O dito sepulcro foi secularmente atribuÃdo ao santo bispo don Gonzalo, identificado polo habitual con don Gonzalo Fróilaz, bispo de Mondoñedo entre 1070 e 1108, sen ser esta data completamente segura. Por elo, as pezas adoitan datarse no século XII, se ben hai quen establece unha datación altomedieval para o anel. Don Gonzalo formaba parte da familia máis poderosa da Galicia dos séculos XI e XII, ao ser irmán do conde don Pedro Fróilaz, aio de Afonso VII. Familia habitualmente coñecida como «de Traba», os seus bens patrimoniais centrábanse na terra de Trastámara, entre o rÃo Tambre e o cabo Ortegal, con especial presenza na parte occidental do bispado de Mondoñedo, nas terras hoxe pertencentes á provincia da Coruña.
Os Traba posuÃron ou fundaron, entre outros, os mosteiros de Xuvia, Pedroso e Nemeño e, máis ao sur, o Sobrado cisterciense. Don Gonzalo pode considerarse como exemplo de bispo altomedieval galego, ao estilo de san Rosendo, o seu antecesor na sé de Mondoñedo, ao pertencer á máis alta aristocracia do reino, intimamente relacionado coa monarquÃa. Asà o demostra, por exemplo, a súa asistencia ao Concilio de Husillos (1088), auspiciado polo rei Afonso VI, con quen probablemente compartirÃa a idea de impor a reforma gregoriana nos seus reinos. As ideas renovadoras de don Gonzalo comprobarÃanse coa reconstrución que o bispo fixo da súa catedral, San Martiño de Mondoñedo, comezada a principios do seu episcopado. O novo estilo que adopta o bispo na catedral contrastarÃa coas pezas do seu tesouro, pertencentes á tradición anterior, na que don Gonzalo debeu de se formar.
Deste xeito, o anel e báculo de Gonzalo Fróilaz serven como sÃmbolo do pasado da Igrexa galega, de tradición visigótica, fronte á novidade románica, aÃnda arcaica, de San Martiño, co cal fan do bispo un bo expoñente da alta aristocracia que acepta as novidades desexadas pola monarquÃa.
Hai, asà mesmo, que facer referencia á lenda que atribúe a don Gonzalo vencer milagrosamente un ataque viquingo ás costas da súa diocese. Historicamente a lenda non se sostén, pois a finais do século XI, cando vive o bispo, os normandos cesaran as súas incursións. Protagonista máis apropiado serÃa Sisnando II, bispo de Iria-Compostela, que levantou as Torres de Oeste e que morreu nunha batalla contra os normandos no 968. De todos os xeitos, cabe destacar que a lembranza das incursións viquingas do século X conflúe coa memoria dun bispo santo, recordando o papel dos prelados na defensa das costas galegas fronte aos invasores que viñan polo mar, viquingos ou musulmáns. A identificación dun bispo milagreiro, que salva as xentes sen armas, só coa axuda divina, con don Gonzalo deuse talvez grazas ao seu destacado sepulcro na catedral por el reconstruÃda, San Martiño de Mondoñedo, o cal puido levar asà á canonización popular do prelado. Deste xeito don Gonzalo Fróilaz convértese, en época indeterminada, en santo defensor do seu rabaño cristián fronte aos piratas pagáns que veñen saquealos e escravizalos violentamente, de maneira que pode erixirse como exemplo dos prelados aristocráticos que, en realidade, desempeñaron este papel pero na Galicia dunhas cantas décadas antes.