O vaso campaniforme de Vilavella. Foto: José Caruncho
Ás veces grandes cambios sociais advírtense en pequenas pezas e situacións. É o que pasa co vaso campaniforme achado nunha mámoa de Vilavella (As Pontes de García Rodríguez), que revela as transformacións sociais que se van dar na Prehistoria. O vaso campaniforme é, ademáis, o primeiro estilo paneuropeo que nos remite aos intercambios entre as comunidades do Neolítico. Pódese visitar na exposición Galicia 100, organizada polo Consello da Cultura Galega e visitable en Afundación (rúa do Vilar, 19) en Santiago de Compostela.









