Nas orixes do reino de Gallaecia hai unha figura moi relevante: Martiño de Dumio. Este monxe chegado da Europa oriental convertiuse nun importante actor polÃtico, cultural e relixioso do reino dos suevos. Este sartego, construÃdo séculos despois da súa morte, suliña a relevancia simbólica da súa figura.
O sartego foi dixitalizado por Patricia Mañana Borrazás e Alejandro Güimil.
Carlos DÃaz explÃcao no catálogo de Galicia 100 deste xeito:
O chamado sarcófago de san Martiño é unha peza de pedra calcaria con cavidade antropomórfica, decorado na súa parte frontal e na súa tapa con baixorrelevos figurativos, construÃdo hipoteticamente para gardar as reliquias do santo, e ten un duplo significado. Por unha banda, o relativo ao momento no cal se elabora, o século XI, cando a Igrexa galega está a reconstruÃr un organigrama e unha identidade e atopa na recuperación de Martiño de Braga o entroncamento co pasado glorioso do perÃodo suevo, no que acadara, baixo a súa dirección, un tempo de especial esplendor. Por outra banda, o significado intrÃnseco do personaxe nese pasado que se pretende recuperar. A iconografÃa do sarcófago representa a Martiño falando desde a súa cátedra episcopal, ou quizais desde a presidencia dunha reunión conciliar, perante unha audiencia que ben podÃa ser a dos seus colegas no episcopado, sen descartarmos que fosen magnates do reino para cuxa educación escribiu algúns dos seus textos, ou unha mestura de ambos os dous.
Martiño é unha figura difÃcil de definir. Trátase dun misioneiro, probablemente de orixe oriental, que as fontes asocian coa conversión dos suevos ao catolicismo e a reorganización da estrutura eclesiástica galega entre os anos 550 e 579. A procedencia de Oriente e a coincidencia da súa chegada coa irrupción bizantina no Mediterráneo occidental levaron a relacionar a aparición de Martiño cunha ofensiva diplomática bizantina. Non esquezamos que no 552, tras a petición de axuda do pretendente Atanaxildo contra o rei visigodo Axila, as tropas de Xustiniano entraran na PenÃnsula Ibérica; cando foron cominadas a irse, logo da vitoria de Atanaxildo, decidiron permanecer e apoderáronse de boa parte da franxa meridional e levantina. Nestas condicións os bizantinos puideron procurar alianzas contra os godos e os suevos eran candidatos óptimos.
Isto non significa que Martiño fose necesariamente un enviado polÃtico. Os textos insisten na súa condición de monxe; unha das súas primeiras iniciativas foi fundar un mosteiro en Dumio, que se converterÃa no seu centro de actuación e núcleo de irradiación do monacato a toda Gallaecia. Ben logo Martiño foi elixido bispo na mesma fundación monástica, devida simultaneamente en sé episcopal. Eses mesmos textos gaban a súa tarefa como misioneiro e os esforzos por levar a ortodoxia a todos os habitantes de Gallaecia. Visto asÃ, a conversión puido ser un efecto paralelo do acordo estratéxico, quer imposta polos bizantinos, quer voluntariamente aceptada polos suevos como parte dunha alianza de longo alcance fronte ao inimigo común visigodo. A conversión, xaora, servÃa igualmente para aumentar a cohesión entre os suevos e os provinciais galegorromanos, en especial coa súa xerarquÃa relixiosa, coa idea de construÃren unha entidade polÃtica forte. Unha vez elevado a metropolitano da Igrexa de Gallaecia correspondeulle a Martiño a tarefa concreta de poñer orde nas crenzas e de reorganizar as estruturas diocesanas tras a conversión sueva, aspecto que comportaba enfrontarse a un problema múltiple. Por unha banda impuxo a disciplina no caos litúrxico e xerárquico provocado pola importancia da confluencia priscilianista no perÃodo precedente, e pola outra foi necesario pactar en que condicións o clero e os fieis arrianos se integraban na nova estrutura unificada; por último debeu atallar a proliferación de prácticas supersticiosas ás que a ausencia dun clero organizado dera ás.
Esas tarefas coñecémolas pola mesma obra literaria de Martiño, que inclúe traballos ascéticos, litúrxico e morais, estes cunha forte inspiración na obra de Séneca. Entre eles destaca a súa Formula vitae honestae, un tratado dirixido ao rei Miro co cal pretende infundir no rei e na súa contorna aristocrática toda unha serie de valores morais que coida deben guiar a actuación dos homes e especialmente a do bo gobernante. Con todo, o traballo máis coñecido de Martiño é o sermón De correctione rusticorum, un verdadeiro compendio da vida campesiña que nos ofrece a imaxe dun medio rural apegado a prácticas de relixiosidade que se identifican cun mundo precristián. Non se trataba tanto da supervivencia dunha relixión pagá sistemática canto de formas populares nas que un conxunto de sÃmbolos animistas se resistÃa a desaparecer fronte ás crenzas cristiás. O texto difundiuse masivamente en toda a Idade Media europea.